Skip to Content

Día contra a violencia de xénero

O pasado día 24 de Novembro, dende o CEIP San Clodio conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Todo o alumnado elaborou un mural onde deixaron pegadas a marca das súas mans e escribiron unha frase en contra da violencia de xénero, por último os alumnos/as de 4º, 5º e 6º leron un pequeno manifesto feito por eles

 

n/d

Menú do mes de Decembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Decembro.

.

MOCHILAS VIAXEIRAS!

A nosa mascota de biblioteca “Claudiño” tróuxonos un agasallo: A nosa mochila viaxeira!! Así pois comezou a aventura de percorrer todos os fogares das Estreliñas para enchelo de letras, imaxinación e xogos.

Cada dúas semanas visitarán un novo fogar e cada quen acollerá e gozará dos seus contidos en compaña da súa familia co fin de levar o cole á casiña.

Nesta ocasión, a primeira en levala foi unha das nosas estreliñas pequeniñas, Claudia. Ensinounos fotiños coa súa familia e contounos o que máis lle gustou da mochila. Soamente hai que ver a cara de ilusión e o feliz que estivo con ela!

Moitas grazas tamén as familias por implicarse neste proxecto.

A viaxar!!!!

PROXECTO DO OUTONO EN INFANTIL

A aula das Estreliñas estivemos inmersos na experimentación coa chegada dunha nova estación o Outono.

Primeiramente, dimos resposta sobre o “que sabemos do outono” e o que “queriamos saber”. Así pois, a partir dos coñecementos previos do grupo – aula, fomos investigando sobre esta estación, dende a roupa e o tempo metereolóxico, ata os animais típicos, cores e froitos desta época tan bonita do ano, dando resposta así ao noso interrogante.

Para iso, partimos de diferentes contos como por exemplo: “Xaime e as landras”, “El ladrón de hojas”, “En Otoño Castañas”.. entre outros, achegándonos á lectura.

Desta maneira, elaboramos un novo espazo na aula chamado o “Museo do Outono”. Nel foron aparecendo por sorpresa follas de diferentes formas, cores, tamaños…; tamén froitos propios da estación como castañas, abelás, améndoas, cogomelos, landras, noces e piñas.

Con estes elementos, ademais de afondar nas súas características: similitudes e diferenzas, realizamos actividades de lóxica matemática gozando cos números de forma práctica, funcional e divertida.

Por último, tamén explotaron a súa vea máis creativa pintando cada un e cada unha a súa piña coa cor preferida do outono, xa que somos uns ARTISTAS!

Moitas grazas Estreliñas polo voso traballo, interese e illusión que demostrades cada día.

 

Pasámolo moi ben!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Proxecto de Outono

Coeduca

Ao longo da semana do 13 e do 20 de Novembro, levouse a cabo unhas charlas do programa coeduca,para todo o alumnado. Os alumnos/as de educación infantil, traballaron co libro O Monstro de cores, así como cos dados das emocións e a canción e bailes das emocións. Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de educación primaria puideron ver a película Mulán, e reflexionaron sobre os estereotipos de xénero existentes. E por último o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, puideron ver a película Billy Elliot, e fixeron uns exercicios de representación por medio de xestos e mímica, ademais de reflexionar tamén sobre os estereotipos de xénero que existen hoxe en día na sociedade. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Coeduca

Visita Anxo Moure

O pasado día 8 de Novembro tivemos a visita de Anxo Moure, o cal realizou uns talleres co alumnado traballando temas relacionados coa importancia do coidado do medio ou a Paz cos máis cativos, mentras que cos maiores traballaron temas relacionados coa violencia e o acoso. Pasámolo xenial! 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita Anxo Moure

Talleres contra a violencia de xénero

O alumnado de 4°, 5° e 6° de primaria foi convidado polo concello a realizar uns talleres contra a Violencia de Xénero co lema " Agresión OFF eu digo non á violencia sexual". Analizaron vídeos, diferentes situacións, refráns, que dalgunha forma agreden ou menosprezan á muller. Posteriormente realizaron diversos xogos relacionado co devandito tema. Pasámolo moi ben !

Álbum: Curso 2023-2024 -> Talleres contra a violencia de xénero

Celebramos o Samaín

O pasado venres 27 de Outubro, como xa sabedes celebramos o Samaín no cole e o magosto. A verdade que foi un día moi intenso e divertido. 

Ademáis aproveitamos para resolver o concurso dos Monstros Terroríficos, no que participastedes dunha maneira excepcional e da cal dende o centro apreciamos e agradecemos moitísimo a implicación e a magnífica dedicación que tivestedes tanto aos nenos e nenas como ás familias!

Para resolver este concurso fixemos unha votación na cal os nenos e nenas votaron os monstross dos seus compañeiros e compañeiras, resultando así un gañador de cada clase. Tamén para agradecer a participación a todo o alumnado déuselles un diploma, e aos gañadores/as un pequeno agasalllo.

Por último tamen realizamos uns pequenos xogos relacionados co magosto e onde o noso alumnado puido divertirse e desfrutar dunha xornada moi lúdica e festiva!

A continuación deixamosvos unhas pequenas imaxes!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Samaín

Día das bibliotecas

O pasado día 24 de Outubro celebramos o día da biblioteca, onde todos os grupos traballaron na biblioteca e os maiores fixeron de conta contos aos máis pequenos.

Que ben o pasamos !

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da biblioteca
Distribuir contido


by Dr. Radut