Skip to Content

VISITA AO PLANETARIO E A TORRE DO HOMENAXE

No día de hoxe realizamos unha visita ao planetario do IES A Pinguela situado en Monforte de Lemos, e onde o alumnado do centro puido coñecer gran cantidade de cousas sobre as diferentes estrelas e constelacións. Aproveitamos a visita a Monforte, para ver tamén a torre do Homenaxe.

Deixámosvos algunhas fotos da nosa visita! 

Que ben o pasamos!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao planetario

O noso horto

A semana pasada tamén fomos ao horto a traballar onde os nenos/as de infantil e primaria (1º,2º e 3º), puideron observar como foron crecendo as plantas. As leitugas, amorodos e perexil que plantamos xa fai tempo atrás, están case listas para recoller. E as plantas dos chícharos xa medraron moito.

Ademais os alumnos/as tamén puideron plantar porros e pementos, que ben o pasamos. Moitas grazas Mari Carmen por ensinarnos tantas cousas sobre a horta. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Horto II

XARDÍN DA PRIMAVERA

Damos comezo a unha nova estación e polo tanto a un novo proxecto. Cantos levamos xa? E que.. encántanos investigar.

Logo de poñer as ideas comúns dos discentes sobre a primavera, chegamos a conclusión de que hai moitas flores e de diferentes cores e formas. Polo tanto, antes de nada, decidimos realizar o noso propio xardín para a aula.

Así pois, como na aula das Estreliñas nos encanta reciclar, fomos ata o comedor a coller uns recipientes de ovos de refugallo e logo os pintamos coas cores da citada estación como podedes ver nas fotiños.

A continuación, pintaron diversas flores, as recortamos e logo as pegamos nos depresores de cores. Unha vez feito isto, cada neno e nena pinchou a súa flor no oco onde pintou e o resultado foi o noso xardín.

Como podedes ver, quedou súper bonito porque teño a uns artistas!! Pouco a pouco seguiremos realizando máis actividades en relación co proxecto polo que... continuará!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xardín da primavera

CUMPLE ALBA!

O 16 deste mes tivemos un festexo máis. Nesta ocasión tratouse da celebración dos 6 anos de Alba. Estaba moi emocionada porque xa se convirtiu nunha nena máis grande. Como é costume, Alba puxo a súa coroa que lle encantou e non sacou en todo o día e comezou a repartir a torta de amorodos que temos na aula. Os seus compañeiros/as cantáronlle o cumpreanos feliz, déronse moitas apertas e como non debuxáronlle un debuxo moi especial para convertilo nun libro de todos os seus amigos e amigas. A continuación bailamos as cancións típicas dos aniversarios e Alba tiña unha sorpresa. Tratábase dunhas invitacións do seu cumple as cales repartiu a toda a aula. Polo tanto, non queda máis que dicirlle á reina Alba que moitos parabéns e que nos encanta vela rir e pasalo tan ben!!! Dende logo, cada vez teño máis discentes grandes!! Que sorte teño con vós, Estreliñas!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Alba

O CICLO DA AUGA

Seguimos centrados no noso proxecto da auga. Fai uns días, visualizamos un vídeo explicativo de como se forman as nubes e a precipitación. Logo mediante diversos experimentos o levamos á práctica. Primeiramente, a través dunha caixa de cartón realicei o proceso do ciclo da auga dun modo moi visual e que entenderon moi ben. Gustoulles moito tocar a nube de algodón e pouco a pouco nos fomos familiarizando cun novo vocabulario como a evaporación, a condensación e a precipitación. A continuación decidimos realizar o experimento da bolsa de plástico que consiste en facer chover dentro dela. Antes de nada debuxamos o sol, montañas, peixes… e logo botamos un pouco de auga dentro dela e a pechamos. Despois a pegamos na ventá. Ao día seguinte foi un día solleiro polo que a evaporación ocorriu e puidemos ver as gotiñas na bolsa. De seguido, puidemos tocar estas gotiñas e fixemos chover. Por último, na nosa rutina diaria, o alumnado quere ir saludar aos peixes polo que van a tocalos un por un. Polo tanto é u nha actividade moi dinámica e divertida para eles.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Experimento ciclo da auga

O noso horto

Ao longo deste segundo trimestre comezamos a traballar no horto escolar. O alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria nesta primeira sesión preparou o terreo para plantar, para iso os alumnos/as traballaron arreo para deixar o terreo preparado. Nel plantamos perexil, chícharos e amorodos. Mentres que na segunda sesión que levamos a cabo no horto, o alumnado plantou diferentes tipos de leitugas. 

Xa vos iremos contando como van crecendo as nosas plantas! Pasámolo xenial! 

Dar as grazas a Mari Carmen que en todo momento nos axudou a plantar e preparar o horto.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Horto

PINTANDO XEO!

Na aula das Estreliñas non paramos. Co novo trimestre escolar damos continuación ao proxecto da auga. Como xa sabemos os estados da mesma, os puxemos en práctica, e como o fixemos?? Pois primeiramente levamos ao comedor un recipiente con auga líquida e a metimos no conxelador. Que pasaría ao día seguinte?? Pois como sempre.. MAXIA! Fomos a buscalo e atopamos que a auga convertiuse en xeo.. é dicir, en estado sólido. Entón, collimos a nosa mesa sensorial e repartimos un xeo a cada discente, traballando así o tacto e a educación sensorial. Moitos deles descubriron características do xeo por exemplo.. “que frío está”, “resbálame das mans”, “parece un glaciar”, “son transparentes”, “profe derrétense”.... Así pois, aproveitando o material do cole e sabendo que estreamos estación nova, collimos as cores da primavera e pintamos os nosos xeos con pintura líquida e pinceis, co gallo de realizar unha obra de arte. Finalmente, reflectir que é unha proposta moi manipulativa, sensorial, cooperativa e motivadora, desas que tanto nos gustan! Grazas pequen@s artistas!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xeo

Menú do mes de Abril

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Abril

FIN DE TRIMESTRE CO CUMPLE DE YANNICK!

O 22 de marzo non podía rematar mellor, cunha saída didáctica, un aniversario e as vacacións!! Dende logo foi un día de moita troula e diversión. Yannick xa entrou todo emocionado porque xa tiña 6 anos e tocáballe ser o rei!! Polo tanto, o festexamos como é costume cunha torta que repartiu entre os seus compañeiros, soprando as candeas e como non cantando e bailando as cancións típicas dos cumpreanos. A continuación, os seus compañeiros/as déronlle os debuxos que lle fixeron para que Yannick se acorde sempre deles e estou segura que o fará porque neste cole somos unha gran famlia!! Por último, fixemos estas fotiños en grupo que dende logo xa estaban cansados pero a unha festa así nunca se di que non! Que sexas moi feliz Yannick e grazas a todas as estreliñas

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Yannick

Día internacional dos bosques

O pasado venres coa celebración do día internacional dos bosques, fixemos unha visita a Bóveda onde cada alumno/a puido ver e experimentar como se plantan as árbores. Ademais disto o alumnado construíu dous hoteis para insectos os cales imos a colocar no centro educativo. Pasamos o día no entorno natural e merendamos alí, tamén nos deron unha camiseta de agasallo, moitas grazas. Pasamos un día xenial! 

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día internacional dos bosques
Distribuir contido


by Dr. Radut