Skip to Content

Blogues

Menú do mes de Xuño

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Xuño.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2024, a Orde do 7 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024-25.

ORDE DO 7 DE MAIO

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.   

 

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

 

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

- ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2024-2025, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

Anexo I e II

Menú do mes de Maio

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Maio

Menú do mes de Abril

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Abril

ADMISIÓN CURSO 24/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO. 

MODO DE PRESENTACIÓN: 

1. PRESENTANDO A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO (ANEXO II)

    ESTA PODE DESCARGARSE FACENDO CLICK NO ENLACE ANTERIOR OU BEN SOLICITALA NO CENTRO. 

2. CUBRINDO E PRESENTANDO A SOLICITUDE DE XEITO TELÉMATICO 

    A través da web ADMISIÓN 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: 

- Documento que acredite a idade do alumno: DNI ou Libro de Familia. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de divorcio ou separación. 

Menú do mes de Marzo

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Marzo. 

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos no colexio o día da paz, onde todo o alumnado participou na elaboración dun pequeno mural o cal decoraron con pombas feitas por eles. Deixámosvos un pequeno vídeo coas imaxes de todos os nenos/as. 

Menú do mes de Febreiro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Febreiro. 

RESERVA DE MATRÍCULA CURSO 24/25

Desde o 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de reserva para alumnado de nova incorporación ao centro e alumnos de 6º de primaria que vaian ao instituto.

Estas solicitudes estarán dispoñibles na web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ prestándose as mesmas de xeito presencial en dirección ou por sede electrónica. 

 

Ante calquera dúbida, acudide ao centro ou chamade sen problema. 

Un saúdo,

Ángela

Menú do mes de Xaneiro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Xaneiro.    

Distribuir contido


by Dr. Radut