Skip to Content

Matrícula curso 23-24

Dende o día de hoxe (20 de xuño) e ata o 30 deste mesmo mes, teredes o prazo aberto para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso 23-24.

Deste xeito, aqueles que foron aceptados no proceso de admisión, deben presentar no centro a solicitude que se achega en anexo, a cal tamén estará dispoñible no colexio. 

Un saúdo. 

Club de lectura

Bos días e bo comezo de semana familias!

O venres pasado os nenos e nenas de educación infantil tiveron a sorte de disfrutar  dun cotacontos a cargo dos alumnos e alumnas do club de lectura do IES de Quiroga.

Por aquí deixámosvos unhas imaxes!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Contacontos infantil (club de lectura)

Contacontos

Hoxe os nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo de primaria, tiveron a sorte de poder disfrutar dun contacontos especial. Os encargados do Xeoparque Montañas do Courel trouxéronnos, de man do protagonista o oso Caroso, a historia dos osos nesta zona, como chegaron e a quen se encontraron polo camiño.

Foi un conto moi divertido, coñecimos moitos animais, como debemos cuidar os bosques, a nosa contorna... e rematamos cantando e bailando en roda. Ademais tivemos a sorte de ser agasallados con el para poder lelo na casa sempre que queiramos.

Como sempre, deixámosvos un par de fotos para que poidades disfrutar un chisquiño do que disfrutamos nós!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Contacontos o Oso Caroso

Xeopícaros

Boas a todos e a todas, como xa sabedes o noso cole pertence ao Xeoparque montañas do Courel, e grazas a iso, onte puidemos disfrutar dunhas xornadas chamadas Xeopícaros.

 

Nestas actividades os nenos e nenas dos coles do Xeoparque fixeron diferentes talleres para coñecer máis sobre a natureza que nos rodea.

 

Os nosos nenos e nenas convertíronse, no primeiro taller, en auténticos xeólogos coñecendo e identificando as diferentes rochas que nos podemos encontrar na nosa contorna, para elo botamos un olliño a un mapa. 

 

O segundo taller que fixemos foi de tinguiduras naturais. Non sabíamos que podíamos encontrar tantas cores con elementos naturais!!!

 

Neste taller aprendimos que podemos facer tintes naturais que respetan o medio ambiente e con eles fixemos unhas pinturas rupestres. Somos todos uns artistas ecolóxicos!

 

Despois destes talleres fixemos unha pequena parada para a merenda de media mañá e depois seguimos aprendendo. Nesta ocasión sobre plantas medicinais e plantas comestibles da nosa contorna, observamos as súas formas e cores con lupa…. E algún valiente probou algunha que outra planta!!!

 

Para rematar esta estupenda xornada asistimos a un concerto dunha banda de Monforte da academia RSL.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xeopícaros

MENÚ DE XUÑO

Bos días, a continuación deixámosvos o derradeiro menú deste curso escolar.

 

Que aproveite!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Menús

FUNDACIÓN LEGAR

Hoxe tivemos a visita da fundación Legar, que xa estivera anteriormente no centro facendo actividades cos nenos e nenas de infantil e de primeiro e de segundo. Esta vez tocoulles aos nenos e nenas de terceiro en diante, da música tradicional galega e dos seus instrumentos. 

Tivemos a gran sorte de poder tocar diferentes instrumentos como o peto, a curxa, a bembella... e non só eso, senon que puidemos quedarnos con eles!!

Con esos instrumentos tocamos diferentes cancións e rematamos tocando a saia da carolina Guiño

 

Que ben o pasamos e canto aprendimos!

 

A continuación deixámosvos unhas imaxes que o demostran!

Álbum: Curso 2022-2023 -> FUNDACIÓN LEGAR

Visita a Marroxo

Boas a todas e a todos! Hoxe traémosvos as imaxes da visita que fixemos o pasado venres 26 de maio á base de Helicópteros de Marroxo, da man da brigada de bombeiros forestais do mesmo. 

Con eles puidemos coñecer o que fan na base e visitar as súas instalacións, tamén puidemos coñecer o equipamento que usan e como se coordinan dende a base para poder apagar os incendios. 

Ademais tivemos a gran sorte de poder ver en plena acción ás avionetas de extinción, xa que presenciamos unha pequena exhibición de vóo e de como soltaban a auga!

Xa por último, fomos á base de Doade onde coñecemos aos pilotos que nos fixeron a exhibición e onde nos puidemos montar nas avionetas.

Deixámosvos aquí unha mostra en imaxes.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Base Marroxo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023/24

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023-24.

ORDE DO 10 DE ABRIL

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.   

 

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

 

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

- ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2023-2024, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

Anexo I e II

 

Día das Letras Galegas

Como xa sabedes o pasado mércores día 17 de de maio celebrouse o Día das Letras Galegas que este ano adicouse a Francisco Fernández del Riego, un escritor, político e impulsor desta celebración. Para conmemoralo dende o centro fixemos unha pequena obra de monicreques sobre a súa vida.

Podedes disfrutala clickando neste enlace.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Visita dos bombeiros forestais

Bos días! O pasado xoves día 11 de maio tivemos a sorte de poder disfrutar da visita dos bombeiros forestais. Primeiro de todo déronnos unha charla sobre incendios e árbores galegas, entre outras cousas. Ademais desta charla despois fomos ao patio de recreo onde nos esperaban o camión e os coches que utilizan no seu traballo. Explicáronnos o funcionamento deles e os nenos e as nenas puideron vivilo en primeira persona, subíronse aos coches, puxeron a serea, abriron magueiras... en definitiva, CONVERTÍRONSE EN TODOS UNS E UNHAS BOMBEIRAS FORESTAIS!

Proba delo son as seguintes fotografias e os videos deste enlace.

 

Disfrutádeos!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Bombeiros forestais
Distribuir contido


by Dr. Radut