Consello escolar

RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Informámoslles que este curso celebraranse as eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar que foron adiadas o pasado curso escolar por mor da COVID-19.

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS TITORES LEGAIS DO ALUMANDO REALIZARASE O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 24 DE NOVEMBRO DE 2021 entre as 09:00 h e as 14:00 h.

Dada a importancia que ten este órgano de goberno, dende o centro queremos animar á comunidade educativa a participar e presentar as súas candidaturas .

CONSELLO ESCOLAR

I.- ¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

 

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO NOSO CENTRO?

  • O director, que é o seu presidente.
  • A xefa de estudos.
  • Cinco profesores/-as elixidos/-as polo Claustro.
  • Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/-as alumnos/-as elixidos/as polos pais/nais (un/unha deles/-as proposto/-a pola ANPA).
  • Unha representante do persoal de administración e servizos.
  • Un concelleiro ou representante do Concello.
  • O secretario do centro, que actuará como secretario do Consello Escolar.

 

 III.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

 A Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) (BOE do 10), no seu artigo 127 identifica as competencias dos Consellos Escolares:

a. Avaliar os proxectos e normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da LOMCE

b.  Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d. Participar na selección do director/-a do centro nos termos que a LOMCE establece: Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do/-a director/-a.

e. Informar sobre a admisión de alumnos/-as, segundo o establecido na LOMCE e as disposicións que a desenvolvan.

f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/-a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o art. 84.3 da LOMCE, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no art. 122.3

i. Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coa Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

Distribuir contido