CONTOS INVENTADOS

Seguindo coa celebración de Samaín, o alumnado do centro inventou, xunto cos seus compañeiros de clase, un conto de medo a partires dun sonograma (secuencia de sons)

Podédelos escoitar no seguinte enlace.

http://ivoox.com/microrrelatos-do-sonograma-samain-aidios-mp3_rf_95374978_1.html

Ides ter moitísimo MEEEDOOOO!!! 

Vectores de onomatopeyas tipo comic para descargar gratis | Creativos Online

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Co traballo dos alumnos e alumnas e as súas familias, organizamos na entrada do colexio unh a exposición de cabaza con motivo de Samaín.

Non teñen desperdicio! son marabillosas e... terroríficas á vez.

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

 

 

TERRORÍFICAS DE SAMAÍN

O alumnado do centro elaborou este mural con algunhas escritoras de contos de medo.

Un traballo terrorífico!

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23

Xa está activo o blogue da nosa biblioteca! Ainda que estamos reorganizando a nosa biblioteca  as actividades dende ela non paran de xurdir.

Estade moi atentos!

Benvido, verán!

Vale, vale... Non semella verán, pero xuramos que si que o é! Chegamos ao derradeiro día do curso... Así de rápido!

O curso 2021-2022 foi, sen dúbida, do máis especial: recordarémolo sempre como o curso no que estreamos escola e aquel no que por fin puidemos volver vernos os sorrisos, abrazarnos e xogar xuntos! É un bo balance de fin de curso, non é?

Aquí vos deixamos a revista escolar, O Golpe, con algunhas das actividades que fixemos este ano, para que vaiades facendo memoria e tamén collendo ideas para o curso que vén. Xa podedes estar orgullosos e orgullosas de todo o que conseguistes!

Moitos parabéns a todo o alumnado, profesorado e toda a comunidade educativa. A todos e a todas, moi felices vacacións! Vémonos nuns mesiños! 

Vector Transparente PNG Y SVG De Lindo Sol Plano

O cuco, cuco, cuqueiro

Hai unhas semanas as nenas e os nenos de 6º de EI foron os protagonistas dunha actividade ben chula para achegarse á tradicional celebración dos maios. 

Entre todos construíron, con moito traballo, un fermoso maio para a nosa escola e logo cantaron e tocaron O cuco. 

 

Aquí podedes ver como construíron e como quedou o maio e aquí, un vídeo deles festexando!

 

Flowers PNG Transparent Images | PNG All

Amor polas letras

Por estas datas andamos a celebrar o moito que desfrutamos coa literatura, cos contos, coas historias, cos poemas, co teatro... Ben sexa escoitando, lendo, contando ou inventando as nosas propias historias, os nenos e as nenas do Sagrado Corazón teñen moi claro que a literatura pode transportarnos a lugares fantásticos e ser o noso mellor refuxio. 

E é que, como ben sabedes, hai pouco conmemorabamos o Día do Libro e esta semana comezamos, nin máis nin menos, coa Semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán (1903 -1987) e ao longo dos próximos días dedicarémonos a coñecer a súa vida e obra para unírmonos a esta homenaxe e celebrar a nosa cultura.  

O Barco amosará os poemarios de Florencio Delgado Gurriarán

 

Aquí vos deixamos unha chea de imaxes das moitas actividades que fixemos polo Día do Libro para que lles botedes un ollo!

Pronto informaremos de todo o que fixemos polas Letras Galegas!  

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

O pasado martes, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Sen dúbida, unha das datas que con máis importancia marcamos no calendario.

As nosas nenos e nenas destacaron o gran papel que as súas nais, avoas, tías e irmás teñen nas súas vidas; investigaron e aprenderon sobre mulleres pioneiras que fixeron e fan historia e tamén expresaron os seus desexos por un mundo libre de desigualdade. 

A educación é a ferramenta para conseguir unha sociedade mellor para todos e todas, no que as mulleres poidamos ter os mesmos dereitos que os homes e poidamos vivir sen medo. 

Aquí vos deixamos algúns dos traballos dos que vos falamos:

Por que todos os días do ano demos ás mulleres o valor que realmente merecen!

BENVIDO, ENTROIDO!

Chegou o ansiado Entroido! Despois dunha semana chea de perrucas, sombreiros e orellas de todo tipo; gravatas, colares e boas; mantelos de todas as cores para impresionar a Rosalía; zapatos e calcetíns de todas as formas posibles e moito máis, chegou o gran día! 

Despedímonos por uns días e damos a benvida ao Entroido cunha coreografía ao son das Tanxugueiras que todo o alumnado preparou con moita ilusión e esforzo. Aquí vos deixamos cun vídeo e cunhas imaxes do gran momento. Parabéns a todos e a todas polo ben que o fixestes!!

Que viva o Entroido e a diversión e... vémonos á volta coas pilas cargadas!

TEMPO DE ENTROIDO

Chegou o Entroido e, con el, os mandadiños do Meco! Nesta próxima semana porémonos ás súas ordes para festexar este tempo tan divertido e especial. Para que vos vaiades preparando, aquí van os mandados deste ano:


Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso