FIN DE CURSO

Un curso máis chega ao remate. O Equipo de Biblioteca  e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega agradecemos a colaboración de todo o alumnado e profesorado en todas e cada unha das propostas que achegamos. 

ENTREGA DE PREMIOS "O MAIS LEÓN".

 Dentro do proxecto Lectómetro, os nenos e nenas que máis leron recibiron diplomas e agasallos: axendas, marcapáxinas, libretas da biblioteca, chapas...Pero como tod@s leron moito, recibiron un diploma por curso.


 
PREMIO TRADESCOLA 
As alumnas de terceiro B Xiana Polín Castro e Noa Veiga Núñez de segundo B, foron finalistas no VII Certame de Debuxo de Instrumentos Tradicionais da Tradescola. Fixeron entrega dun lote de libros e CDs para a Biblioteca do colexio. Elas recibiron un diploma e unha mochila con libros. Parabéns para Xiana e Noa.
 
UN MUNDO DE RECEITAS
Dentro do Proxecto A volta ao Mundo, elaboramos un libro de receitas típicas dos países traballados. 

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
 


REVISTA O GOLPE 2019
 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso