FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA NOVO ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO

O prazo de formalización da matrícula do novo alumnado admitido neste centro en educación infantil e primaria para o curso 2020/2021: dende o 01 ao 10 xullo de 2020 ámbolos dous días incluídos.

LISTA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURRICULAR PARA O CURSO 2020/2021

Pode consultar o listado de libros de texto para o curso 2020/2021 premendo AQUÍ.

PRAZO DE ADMISIÓN

 

ADMISIÓN CURSO 2020-2021

 

 

TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES QUE PRESENTARON SOLICITUDE DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2020/2021 ESTÁN ADMITIDOS/AS.

 

Ver pasos do proceso, pinchando AQUÍ.

INFORMACIÓN CONCELLO SOBRE COMEDOR ESCOLAR 20/21

 

Trasladamos información importante relativa ao PROCESO DE INSCRICIÓN E RENOVACIÓN  DO COMEDOR ESCOLAR  para o curso 2020-2021 (“Unha Escola Aberta”) do Servizo Municipal de COMEDORES ESCOLARES do Concello de Lugo. Toda a información pinchando AQUÍ

 

CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

ABERTO O PRAZO PARA A  PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLITUDES DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO DE 2020, preferentemente por vía electrónica no formulario dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, ou presencialmente no centro.

FORMULARIOS para presentación presencial: ANEXO I e II

VER CONVOCATORIA (DOG) E INFORMACIÓN AQUÍ

AVISO: Comunicado erro no Diario Oficial de Galicia do día 19 de maio de 2020, na páx.20568, para o cálculo da base impoñible xeral da declaración da renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018  teñan en conta a suma dos recadros 435 máis 460.

 

VÍDEO-SAÚDO AO NOSO ALUMNADO

 

Preme no seguinte enlace para recibir a mensaxe que os mestres e persoal non docente do centro queren facerche chegar.

https://drive.google.com/open?id=1SrYHANVoHIFLBEJYRQZMiDxjQK0XAU1p

Proposta de actividades e tarefas por curso para o período de suspensións de clases por mor do coronavirus.

CARTA AO ALUMNADO E FAMILIAS.

Pinchando nos cursos correspondentes dos seus fillos e fillas, poden acceder ás recomendacións elaboradas polo profesorado para o período de suspensión da actividade lectiva.

Recoméndase a súa consulta periódica por se houbese actualizacións ou modificacións das mesmas. ACTUALIZACIÓN 15/06/2020.

EDUCACIÓN INFANTIL

1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

EXERCICIOS DE EDUCACIÓN FÍSICA.

PROPOSTAS MESTRAS PT E AL

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA DO CENTRO.

 

LIBROS DE TEXTO DIXITAIS DE CADA CURSO. ACCEDA AQUÍ Á AULA VIRTUAL SANTILLANA.

 

NOVA INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO.

 As canles de televisión pública, tanto nacional como autonómica, veñen de informar á cidadanía das colaboracións subscritas coas administracións educativas correspondnetes para, a partires de mañá luns día 23 de marzo de 2020, emitir unha serie de programas educativos co fin de apoiar os contidos que reciben dende os Centros. Así RTVE en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional lanza o programa "APRENDEMOS EN CASA", que de luns a venres e en diferentes tramos horarios emitirá os seus contidos referidos ás diferentes áreas e cursos na canle CLAN TV co seguinte horario:

Edades

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

EMISIÓN

6-8 años

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artística

Ed. Física

Lengua e Idiomas

Ciencias Naturais

9:00-10:00

CLAN TV

8-10 años

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artística

Ed. Física

Lengua e Idiomas

Ciencias Naturais

10:00-11:00

CLAN TV

10-12 años

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artística

Ed. Física

Lengua e Idiomas

Ciencias Naturais

11:00-12:00

CLAN TV

12-14 años

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artística

Ed. Física

Lengua e Idiomas

Ciencias Naturais

12:00-13:00

La 2 TVE

14-16 años

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artística

Ed. Física

Lengua e Idiomas

Ciencias Naturais

13:00-14:00

La 2 TVE

 

Pola súa banda a TVG en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional emitirá pola canle TVG2 unha serie de programas con contido educativo como complemento aos contidos que se remiten dende os centros educativos, e irá ampliando paulatinamente a súa oferta (máis información aquí).

Polo tanto, como COMPLEMENTO ÁS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES FEITAS POLO PROFESORADO TITOR DO COLEXIO, suxerimos poidan seguir a programación educativa que estas canles ofertan.

 

CONTOS para axudarnos a afrontar e explicar esta situación que estamos a vivir aos máis pequenos e pequenas, e que incorporan ao final algúns consellos para eles e elas e as súas familias:

  • Enlace ao conto para os mais pequenos “Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)"

https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

  • "Rosa Contra el Virus". Cuento para explicar a los niños y niñas el Coronavirus y otros posibles virus

https://editorialsentir.com/cuento-gratuito-rosa-contra-el-virus/

 

Seguiremos informando. 

 

 

 

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO 2020/2021

            INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

 

CENTRO ADSCRITO / DE ADSCRICIÓN

 

O noso centro, CEIP Sagrado Corazón, está adscrito ao IES SANXILLAO, situado na Avda. Fontiñas, 171. CP 27002. LUGO.

Tel. 982828088. E-mail: ies.sanxillao@edu.xunta.es

 

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021 (CONSULTAR)

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

1.  Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición, IES Sanxillao, mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe, CEIP Sagrado Corazón do día 1 ao 17 de febreiro, ambos os dous incluídos.

2.  Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.

3.  Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN  (para o alumnado procedente doutros centros distinto do adscrito, tamén para o alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaron a reserva do 1 ao 17 de febreiro)

4.  Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia do día 1 ao 23 de  marzo, ambos incluídos. A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, este prazo será só do 1 ao 20 de marzo.

5.  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas) do día 26 de marzo ao 14 de abril, ambos os dous incluídos.

6.   Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7.   Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.   Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

9.   Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no Anexo II (modelo ED550B) no 2º lugar e seguintes).

*    Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no proceso de admisión 2020/2021.

3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño.

11.   Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

12.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (Do 1-17 de febreiro)  PRAZO PECHADO

·    Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).

.      Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a)Entregándoa no centro de orixe do alumno  (centro no que está actualmente escolarizado).

b)Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

·     A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

·   A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 1 de marzo).

·      A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (PRAZO PECHADO do 1 ao 23 de marzo)*

*Ampliado o prazo por non ser lectivo na localidade de Lugo o día 20 de marzo. Só para entregar no Centro educativo.

1.  As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza no centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.  OFERTA POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2020/2021 (VER). - ACTUALIZACIÓN DE VACANTES.

3.  Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

4.  O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

5.  Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

6.  As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares:

7. Consultar aquí o criterio complementario establecido por este centro.

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

Ligazón (galego):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

PÓDENSE CONSULTAR NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO OU PINCHANDO NOS SEGUINTES ENLACES:

Área de influencia   e   delimitación das rúas que comprende.    

Zonas limítrofes.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

COMEDOR ESCOLAR: Na actualidade funciona un servizo municipal de COMEDOR ESCOLAR de xestión indirecta, con servizo de cátering, dentro do Programa “Unha Escola Aberta”, xestionado pola empresa “Alimentación Saludable Gallega”, para usuarios fixos ou esporádicos, con  "servizo de madrugadores" (con ou sen ALMORZO) dende as 07:30 horas e/ou XANTAR dende as 14:00 horas ás 16:00 horas. (máis información aquí)

Regulado na seguinte normativa:

-    Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013).

-    Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007).

-     Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

O Centro oferta diversas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE TARDE, en horario de 16:00 a 18:00 horas, organizadas polo Centro, en colaboración co Concello, e pola ANPA.

 

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

                    A disposición da comunidade educativa para a súa consulta na Secretaría do centro.

Distribuir contido