Libros de texto
Solicitudes axudas adquisición libros de texto e material escolar
Lembrámoslles que está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 07 de maio de 2024- DOG nº 96 do 20 de maio de 2024) ata o vindeiro 21 de xuño de 2024.
As solicitudes (Anexos I e II) presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información pinchando AQUÍ e na secretaría do Centro.
RESOLUCIÓN AXUDAS LIBROS E MATERIAL ED. INFANTIL DO CONCELLO DE LUGO
O concello de Lugo ven de publicar a Resolución das axudas de material escolar para segundo ciclo de infantil para familias con escasos recursos, así como os prazos de recollida.
LISTA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24
Pode consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024 pinchando no arquivo adxunto.
LISTADO MATERIAL FUNXUBLE CURSO 23/24
Poden consultar o material funxible para o presente curso pinchando no curso das súas fillas/os.
ENTREGA LIBROS FONDOLIBROS 3º E 4º E. PRIMARIA
ENTREGA LIBROS DE TEXTO BENEFICIARIOS FONDO SOLIDARIO.
CURSOS DE 3º e 4º.
Farase entrega do lote correspondente á persoa solicitante, previo asinado do “Recibí”, o mércores, día 14 de setembro, na biblioteca do centro (entrada superior do edificio), de 16:15 a 18:15 horas.
MATERIAL FUNXIBLE PARA O CURSO 2022/2023
Poden consultar a listaxe de material preciso para o presente curso pinchando no curso correspondente.
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS): PENDENTE DA INCORPORACIÓN DA MESTRA TITORA
6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023
Pode consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023 no enlace.
Con data 23 de xuño actualízase lista de libros de educación infantil 5 anos na materia de matemáticas ao detectar un erro no ISBN.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
O Concello de Lugo ven de publicar a subvención ás familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no Segundo Ciclo de Educación Infantil para o curso 2022/2023.
O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 1 ao 21 de xuño de 2021. As solicitudes presentaranse, preferentemente, por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica do Concello de Lugo, https://lugo.gal. Opcionalmente poderán presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo.
O único criterio de valoración será a contía da renda anual familiar referida ao IPREM.
Pode atopar toda a información pinchando AQUÍ ou na web do Concello de Lugo.
Pode descargar aquí a solicitude.
PUBLICADAS AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ED. INFANTIL.
O Concello de Lugo ven de publicar a convocatoría de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado do 2º Ciclo de Ed. Infantil.
Pode consultar as bases da mesma pinchando aquí.