Legolingua 23/24

ASOCIACIÓN ENKI

Etiquetas :

     Hoxe no centro, despois das actividades realizadas no recinto das Pedreiras hai tempo, recibimos á asociacion ENKI, asociación sen ánimo de lucro que loita por un mundo máis inclusivo, principalmente para persoas con discapacidade no ámbito do deporte e o ocio.

    Ademais de informarnos, deixáronnos un fermosos mural do ALFABETO BRAILLE; que podedes contemplar no patio do colexio.

Día da Familia

Etiquetas :

     O alunmando de infantil celebrou o día 15 de maio o "Día da Familia"cunhas fermosas manualidades.

                   

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Etiquetas :

     O xoves celebramos no centro o "Día das Letras Galegas" adicado a Luísa Villalta.

    Realizamos un mural cos debuxos presentados para o concurso, no que cada neno e nena levouse unha chapa personalizada como agasallo.

    Ademais seguindo o proxecto do centro, tivemos unha sesión de xogos tradicionais e populares para seguir coñecendo xogos de antaño; algúns xa coñecidos. Pasámolo moi ben!

             

Saída 1º Ciclo

Etiquetas :

     O alumnado de 1º ciclo realizou unha saída ao veterinario, onde observaron como traballan estes profesionais, unha experiencia extrordinaria!

         

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Fase 1

Etiquetas :

     Ao longo destes primerios meses do proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS, cada ciclo ou nivel estivo a dedicado investigar e aprender sobre unha discapacidade realizando diferentes actividades e recibindo charlas. Agradecer dende o centro a colaboración das diferentes asociacións que pasaron a realizar charlas e actividades de sensibilización. Aquí temos o resultado, un gran traballo.

  • ED.INFANTIL

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

  • 1º CICLO ED. PRIMARIA

    Pola súa banda, o alumando de 1º ciclo estivo a investigar sobre a discapacidade auditiva. Realizando un conto cun vídeo para amosar o aprendido. Preme na foto para velo.

  • 2º CICLO ED. PRIMARIA

  O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

  • 3º CICLO  ED. PRIMARIA

     Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Novidades Biblioteca. Especial Letras Galegas

Etiquetas :

     Chegan o "Día das Letras Galegas", dedicado á figura de LUISA VILLALTA. Para coñecela máis temos estas novidades na biblioteca.

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN

Etiquetas :

   O pasado venres 3 de maio tivemos no cole ao Mago David Méndez, a través da editorial Santillana, que deleitou a todo o alumnado do centro cunha gran actuación; pasámolo moi ben!

Novidades Biblioteca Escolar

Etiquetas :

     Aquí chegan as novidades de maio da nosa biblioteca. Nesta ocasión temos máis cómics, libros divulgativos cos que aprender e libros de lectura fácil para disfrutar lendo.

DÍA DO LIBRO. MANUALIDADES ED. INFANTIL

Etiquetas :

     Rematamos o "Día do Libro" cunha fermosas manuealidades feitas polo alumnado de Ed. Infantil.

   

     Dentro do proxecto "TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS", no que están a coñecer a discapacidade visual, grazas a mestra SARA, realizaron uns fermosos marcapáxinas en BRAILLE.

                 

    

DÍA DO LIBRO. AGASALLO DE LIBROS

Etiquetas :

     Outra das actividades levadas no centro polo "Día do Libro", foi agasallar ao alumnado con libros expurgados da biblioteca para que teñan unha segunda vida e volver a contar as historias que conteñen dentro.

     

      

                     

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design