TODO, TODO ESTÁ NOS LIBROS

ASÍ FOI COMO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO: LENDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.

LIBROS E LIBROS A MOREAS PARA PODER CHEGAR ATA O ÚLTIMO CONFÍN. LIBROS CHEOS DE HISTORIAS, DE LUGARES A VISITAR, DE PAIXASES POR DESCUBRIR E SENSACIÓNS POR EXPERIMENTAR.

UN LIBRO, A MELLOR MANEIRA DE VIAXAR!!

23 DE ABRIL: UN LIBRO, A MELLOR FORMA DE VIAXAR

 

No Día Libro, nestes tempos e, sempre, os libros son a mellor maneira de coñecer o mundo.

Cada libro unha historia, un país, unha cidade, un barrio. Cada libro, unha apaixoante aventura por vivir, múltiples sensacións a experimentar. 

Cada libro, unha forma de chegar ata o último confín da terra, historias inimaxinables acontecerán.

Celebramos este día co noso libro preferido para deixar voar o noso maxín, para percorrer o mundo enteiro ¡!

Collamos o noso libro preferido e deixémonos levar polo mundo!!

Aló imos!!..

ARTE POR ARTE

O 21 de marzo celebramos o día da POESÍA.

En 6º E.P. no  Taller de Escritura que fan tódalas semanas, aprenden diferentes técnicas de escritura e, por suposto, escriben … pero tamén aprenden a gozar da arte, a percibir tódalas sensacións que a cada un e unha nos transmite calquera obra de arte.

Nesta ocasión, serviu como excusa de escritura unha pintura de Van Gogh, noite estrelada.  Observárona, sentírona e, mesmo, se arriscaron a facer a súa versión de "Noite Estrelada".

Este traballo foi o punto de partida para a inspiración e comezar a escribir...

E, escribiron poesía porque poesía é sentimento, emoción, agarimo… arte en definitiva…

Nenos e nenas de 6ºB fixéron un poema colectivo á poesía… Cada un escribiu un verso… para nós POESÍA.

 Velaquí está o resultado deste proceso creativo:

ARTE POR ARTE

NOTICIA DESTACADA NA SEMANA DA PRENSA

A "xornalista" Silvia Vázquez, de 6ºB achéganos este magnífico artigo sobre o día da muller. A través das súas columnas e da súa fantástica reportaxe poderemos coñecer a historia desas mulleres de principios do século XX que morreron loitando polos seus dereitos como mulleres e traballadoras. Coñeceremos tamén, como este feito deu orixe a unha reivindicación que aínda nos días de hoxe está presente. Moito foi o conseguido pero aínda quedan matices nesta loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Non deixedes de ler este interesante artigo! Parabéns Silvia

 

 

FIESTRAS PARA ROSALÍA

Días atrás deixamos o mes de febreiro, non sen antes celebrar o día de Rosalía: poeta, galega, nai e sobre todo, grande muller que soubo defender a loita das mulleres a través dos seus escritos. As fiestras serviron de lenzo sobre o que plasmar os seus anceios.

De hoxe nun ano aquí nos terás, Rosalía, lembrando a túa persoa, os teus escritos e o que implicas para os galegos e, sobre todo, galegas.

Deixamos febreiro, o teu mes. 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Tal día coma hoxe, 24 de febreiro, nacía a insigne poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Figura clave da literatura do século XIX, quen devolveu á lingua galega o estatus de lingua culta, en tempos ben complicados para o nosos idioma.

Neste tempos de portas pechadas e confinamentos abramos as nosas fiestras para que nos entre algo da súa rebeldía!.

PARABÉNS ROSALÍA!!

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso