VISITA CULTURAL A SAN PAIO DE NARLA

O alumnado de sexto de Primaria realizou unha viaxe cultural a San Paio de Narla. Aprenderon sobre a forma de vida da Idade Media e divertíronse participando nun Obradoiro.

As fotos podedes visualizalas no seguinte enlace:

 https://drive.google.com/drive/folders/

1_5qpzpdmFn2BuTNgMgMzdhqIp6vro_ZP?usp=sharing

ESTIÑO 2019

Un ano máis os nenos e nenas do colexio participaron na elaboración do calendario Estiño. Este curso adicouse as Froitas, ao noso colexio tocounos a NÉSPERA. Aquí tedes o enlace para ver os debuxos e o resultado final do calendario 2020 feito polo Colectivo Estiño no que ademáis do noso centro participan colexios de toda Galicia.

Moitas grazas polo voso traballo.

https://drive.google.com/drive/folders/1M_

U6HUkU4HvQbkvduM4U1ZcJofLdQDkB?usp=sharing

ECONADAL 6º A

Os nenos e nenas de 6º A queremos desexarvos unhas boas festas con este poema titulado O ECONADAL

Fai clic no enlace para ver o video.

 https://drive.google.com/file/d/1VkRMR1JRNBSO4fUG5J

_GletO5NeFV_2/view?usp=sharing

ECOCONSELLOS

Para que podamos vivir nun Planeta Sostible, anímate a seguir os  Ecoconsellos de Sogama.Podes velos no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1LnDEb7eiE-1DdjuzUaWgUZzfQ1Uv7oAy?usp=sharing

EXPOSICIÓN 6º A EFECTO INVERNADOIRO

Seguindo coa concienciación sobre o Cambio Climático, o alumnado de 6ºA fixo un traballo de investigación sobre o Efecto Invernadoiro e expúxoo a nenos e nenas dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. 

https://drive.google.com/drive/

folders/1VEBhxx9JOUgO2Eg1UI6dc4PC_s8x7kvo?usp=sharing

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE

 O alumnado de quinto e sexto de Primaria participou nunhas charlas por parte dos corpos e forzas  de seguridade, sobre CIBERESPACIO E  ACOSO ESCOLAR. Os pais e nais sobre RISCOS DE INTERNET PARA MENORES.

https://drive.google.com/drive/

folders/1cu36iab_gfBm6BbAjkS9jHQJ_FfgA6J9?usp=sharing

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 22 de Novembro contamos coa presenza do contacontos Pedro Brandariz. Escenificou  dous contos sobre igualdade da escritora Raquel Díaz Reguera: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? e Cuando las niñas vuelan alto.


O 25 de Novembro os nen@s formaron no patio a palabra NON e o lazo violeta, símbolo da loita contra a  violencia de xénero. Cada neno, nena, mestre e mestra levamos nas costas unha mochila violeta en favor da Igualdade. Escoitamos cancións referentes ao  día que conmemoramos e cantamos La puerta violeta de Rozalen. Os nenos e nenas de 6º levaron unha pancarta co lema CAMIÑAMOS CARA A NON VIOLENCIA

https://drive.google.com/drive/

Cfolders/1BoGX_tiEE9LHjnZG9hU51EEfvk1rerKI?usp=sharing

 

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

Durante o mes de Novembro , mes da Ciencia, fixemos unha recopilación de libros relacionados co PDI: Amigos do Planeta, estiveron expostos na Biblioteca e  logo pasaron ás aulas.

Pincha no enlace: https://drive.google.com/drive/

folders/18PC0DAOCf4dnc00VLygWnRqGsKn17wYH?usp=sharing

EXPOSICIÓN 6º B A AUGA

Seguimos a traballar no Proxecto  do Medio Ambiente e os nenos e nenas de 6º B compartiron con outros cursos o seu traballo sobre un elemento esencial no noso Planeta, A Auga. A continuación podedes ver fotos e un video sobre o tema.

https://drive.google.com/drive/folders/

1w82L0pIXcM4Ak8uAZM6X6ikEEqEYfV6A?usp=sharing

OUTONO/SAMAÍN 2019

Fai clic no enlace para ver o video cos traballos do Outono e do Samaín.

https://drive.google.com/file/

d/1tZA7MPM9RlTEC8oPEtuAHVbMJR54ufbX/view?usp=sharing

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso