Colaboración co colectivo Estiño na realización do calendario para este curso.
Estes son os nosos debuxos, que este ano son sobre as flores. Ao noso cole correspondeulle a LEITARIGA.
Todas as fotos na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/drive/folders/
1goqSzO2YzMq6HkyQepfZBuwwKrHQpRKB?usp=sharing
Podedes ver como se montou o calendario na seguinte ligazón:
Fai clik no enlace para ver o resultado final:
https://drive.google.com/drive/folders/1yMyI-h4zXbLTFpJf8yv4hTBKT5pvCAKC?usp=sharing
O verdadeiro respecto é o único que poderá vencer todas as violencias, tamén a de xénero.
Mural e video realizado por todo o alumnado.
Video colaborativo de 70 centros galegos no que participamos co noso mural.
BENVIDOS AO CURSO 18-19.
De novo comezamos un novo reto na Biblioteca. Agardamos a vosa colaboración para que Legolingua bote a andar coas vosas achegas.
Este curso levaremos a cabo o proxecto titulado A VOLTA AO MUNDO. Xa vos irá dando información a nosa mascota SAGRALEO.
Un dos primeiros traballos que realizamos no DÍA DA BIBLIOTECA, O DÍA 24 DE OUTUBRO, foi a informatización dos préstamos e devolucións. Todos tedes o voso carné de biblioteca, así que animádevos a aprender a realizar o préstamo coa axuda dos vosos profes, é doado.
Ese mesmo día entregámosvos a MOCHILA VIAXEIRA cargada de sorpresas. Gozade da lectura!
A continuación subiremos os traballos do SAMAÍN: Xogos de mesa. puzles, dominós, tres en raia, bingos, mémoris, dobres, sombras chinescas...e contos de medo feitos coas vosas mans, todos con motivos de Samaín.
VIDEO SAMAÍN
Xa chegamos á meta!.
O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa.Sen as vosas achegas de materiais e traballos, este blogue e a marcha da Biblioteca, non serían posibles.
Botade unha ollada á Revista O Golpe, onde queda reflexado un resumo de todo o curso. Tamén Sagraleo, a nosa mascota da Biblioteca, nos recomenda algunha lectura para o verán.
Que teñamos un bo verán lector.
>
A clase de Música fixo a súa achega ao Proxecto do Camiño Primitivo elaborando instrumentos tradicionais de reciclaxe, que acompañaron as distintas manifestacións artísticas nas conmemoracións realizadas ao longo do curso: Samaín, Entroido, Nadal , Letras Galegas....
Pincha no enlace para ver as fotos:
https://drive.google.com/open?id=1Tj90TnyPSxheFTxQcEtb0BXiV5yzZmTR
O alumnado de PT e AL do noso colexio colaborou no proxecto coa realización dun abecedario interactivo cos termos máis significativos do Camiño Primitivo.
Os nenos e nenas de terceiro de primaria fixeron unha guía para facer o Camiño Primitivo dunha forma segura: Todos os camiños, Un pouco de historia, Etapas, Ventaxas e Inconvintes, Calzado, elección da mochila, o imprescindible para a viaxe, alimentación e educación.
Este lapbook é un recorrido pola Muralla de Lugo. Feito polo alumnado de 6ºA. Móstrannos un percorrido pola nosa historia a través dos seus ollos e dos Ollos Lucenses: A Muralla.
Podes ver o video no seguinte enlace:
https://drive.google.com/open?id=1FqHxnc2-wqB2GmZFFdB55J_ffp9LSmWy
PLANO -MURAL DO CAMIÑO PRIMITIVO NA CIDADE DE LUGO
Traballo do alumnado de 6º B en goma eva. Guíannos polo Camiño Primitivo dentro da cidade, informándonos de rúas, edificios históricos, muralla, monumentos relixiosos, museos..
Accede as fotos no seguinte enlace:
https://drive.google.com/open?id=1lxsq_Y6-jnDN1jLDi8UXnBYPNIE78cdd