Skip to Content

Familias

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega.

 

En todas as aulas puidemos gozar de Encontros con “Rosalía” da mán dunha das nosas compañeiras que cunha marabillosa interpretación e un excelente traballo acercounos a vida e a poesía de Rosalía de Castro.

 

Todos os nenos e nenas prepararon un agasallo para ofrecerlle a tan grata visita, uns recitaron, outros ilustraron os seus poemas e ata houbo quen se atreveu a facer algunha creación poética para homenaxeala. Na foto podedes ver unha pequena representación dos mesmos e ao longo da fin de semana colgaremos no blog da biblioteca diferentes momentos vividos nesta innolvidable xornada.
 
 
 


OS MANDADOS DE "FILOMENA"

  

Se o ENTROIDO queres celebrar

segue as comandas da "FILOMENA"

para te deixar descolocar.
 

 

  Iso si! Segue as miñas instrucións

con humor e sentidiño

para quedar cun bo regustiño.

 

Clicar aquí  para ver os mandados.

 

 

 Co meu disfrace

a todos quero homenaxear

sen deixar a ninguén atrás...

pois nisto da COVID

trátase entre todos e todas de axudar.

 

 

O CEIP DE ROXOS DESÉXALLES BO NADAL!

 

 Clicar na imaxe para ver o patio interior completo.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS.

Desde hoxe e ata o vindeiro 18 de decembro, as familias do alumnado de educación primaria beneficiario da axuda de material escolar no actual curso poden pasar pola secretaría do centro para recoller as máscaras que lles foron concedidas.

Horario de secretaría:

  • Pola mañá de 12:00 a 13:00 horas de luns a venres.
  • Pola tarde de 16:30 a 18:30 horas o luns 14 de decembro.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS - XUNTA DE GALICIA

Prezadas familias:

Publicouse no DOG a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Destinatarios:

  • Alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21 (vale de 50 €) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
  • Alumnado matriculado en educación primaria que:
  • Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2018). TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
  • Alumnado matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%. TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

Nos casos de ter que presentar solicitude, esta será única para todos os fillos e fillas que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio entre os días 16 e 27 de novembro xunto coa documentación que se sinala na orde.

O horario do centro para poder realizar este procedemento administrativo é, de luns a venres, de 12:00 a 13:00.

 

Nos adxuntos que facilitamos teñen acceso á convocaria e ao formulario de solicitude. Tamén poden solicitalo chamando por teléfono ao centro e entregaríamosllo ao seu fillo ou filla.

 

Un saúdo.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020

ANEXO I

PECHE PERIMETRAL EN SANTIAGO

Ante o peche perimetral de Santiago por Covid-19

INFORMAMOS

Que as familias que procedan doutras localidades poderán usar a información do abalarMóbil para xustificar o seu desprazamento ao CEIP de Roxos.

Máis información do funcionamento de abalarMóbil no enderezo:

 

 

TELÉFONOS PARA AVISOS RELACIONADOS CO COVID-19

Os números de teléfono do equipo directivo do centro son: 8818 674 30 e 8818 674 31 (de luns a venres de 09:30 a 14:30 horas)

Nestes números de teléfono deben informar, todas as familias, as incidencias sanitarias relacionadas co COVID-19:

  • Se algún discente presenta na casa algún síntoma compatible co COVID-19.
  • Aqueles/as que se atopen en aillamento por diagnóstico de COVID-19.
  • Aqueles/as que se atopen en corentena por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticadas de COVID-19.

 

MODIFICACIÓNS EN ENTRADAS E SAÍDAS

Prezadas familias, presentámosvos as modificacións que fixemos de cara a mellorar a fluidez e os tempos de espera nas entradas e saídas do colexio.

 

As familias que teñen fillas ou fillos en infantil e en primaria, na entrada seguirán o mesmo protocolo, entrarán os dous irmáns polo edificio de infantil.

 

Á saída primeiro seguirán recollendo aos nenos ou nenas de infantil, pero os irmáns ou irmás de primaria iranse situando por cursos ascendentes no corredor que hai entre secretaría e o muro de saída (por onde sae transporte e por onde entra primaria pola mañá). Esa porta permanecerá pechada e cando remate de saír o alumnado de infantil, a persoa do Equipo directivo que estivo na porta de infantil abrirá esa porta e entregará por esa porta (a que ten o cartel ENTRADA PRIMARIA)  ao alumnado, polo que as familias non teredes que agardar ata que remate de saír primaria.

 

As portas de entrada non se abrirán antes das 9:25 - 9:30, non é preciso estar na fila antes de esa hora, entendemos que se debe chegar con antelación para aparcar pero podemos agardar no coche e cando vexamos que a fila vai avanzando ímonos aproximando (o venres houbo familias que ás 9:10 xa estaban na fila).

 

No momento no que nos atopamos a prioridade é a orde e a seguridade debemos evitar as aglomeracións e os agrupamentos para conversar, Debemos facilitar a fluidez de circulación.

 

 

 

Á saída imos a facelo en orde ascendente, as familias do alumnado de cursos máis altos deben agardar en espazos que non dificulten a circulación das familias que están saíndo.

 

As saídas seguiranse facendo polas mesmas portas, salvo o caso dos irmáns de primaria e infantil.

 

Para tratar de clarificar a orde dentro de cada grupo as clases sairán por orde de lista, así as familias xa poden ir colocándose por orde cando se acheguen á porta de saída. A espera a que chegue o noso curso farase na beirarrúa máis alonxada ao colexio, unha vez chegue o momento de recoller ao noso grupo situarémonos na beirarrúa máis próxima ao colexio en dirección ao aparcadoiro. Unha vez recollido ao alumnado baixaremos pola beirarrúa máis próxima ao colexio que debe estar despexada.

 

Imos comezar a saír o alumnado de casa ás 14:20 horas comezando en primaria por 1ºA e en Infantil por 4 anos A (as familias de infantil non teñen que esperar fóra da cancela a que remate de saír o grupo anterior, deben entrar en orde por cursos gardando a distancia de seguridade pero poden empregar a rampla de entrada para facer a fila, axudando a desconxestionar as beirarrúas.

 

 

Moitas grazas  e seguiremos traballando tratando de mellorar.

 

BORRADOR PLAN DE ADAPTACÍON Á SITUACIÓN COVID-19 E PLAN DE ACOLLIDA

Publicamos os borradores do "Plan de adaptación á situación COVID", "Plan de continxencia" e do "Programa de acollida" para a organización deste novo curso tan atípico. Hai que destacar algo importante: son borradores e, polo tanto, poden sufrir variacións nos vindeiros días.

 Para ver ANEXOS clicar aquí.

 

 

RESUMO DOS DOCUMENTOS. Clicar aquí.

 

Protocolo COVID da Consellería. Versión do 4 de novembro. Clicar aquí.

 

COMEZO DO CURSO 2020/2021

Tal e como establece a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación, o alumnado incorporarase gradualmente no curso 2020-2021:

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll,  1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

AVISO IMPORTANTE PARA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Nos seguintes enlaces tedes a vosa disposición:

  1. As recomendacións e normas de organización nas aulas de 3 anos. Clicar aquí.
  2. A información correspondente co período de adaptación que abranguerá do 10 ao 30 de setembro.
    Clicar aquí

 

 

IMPORTANTE:

  • Os primeiros días o alumnado só deberá traer o material imprescindible: mochila, estoxo, un caderno e a merenda.
  • O alumnado traerá unha bolsiña que poidan colgar para meter a máscara usada nos momentos que precisen sacala. Ademáis deben traer unha de reposto.
  • É importante que o alumnado traia auga en cantimplora ou botella para evitar que beban nas billas dos aseos.
  • O alumnado neste curso 2020/2021 permanece co mesmo grupo de compañeiros e compañeiras do curso anterior.
  • O listado de material será entregado ao alumnado o próximo luns polos respectivos titores/as.
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria beneficiario do FondoLibros, levará o impreso para asinar polas familias o próximo luns. Unha vez devolto á/ao titora/titor correspondente, se lles entregará os libros de texto.
  • A entrada/saída farase de forma escalonada respectando en todo momento as normas de seguridade polo que, pregamos colaboración e calma por parte das familias.
  • Prégase as familias respeten as zonas de aparcamento e colaboren facilitando a fluidez de circulación co fin de evitar aglomeracións nas entradas e saídas. É importante non vir con presa.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut