Skip to Content

Familias

PLAN DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO (PROA)

Con motivo do inico do Plan de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) que deu comezo o 7 de febreiro e ata o 14 de xuño de 2019, lembramos non ocupar o espazo destinado para o transporte escolar de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:30 horas.

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

Hoxe, coma todos os anos, celebramos o día escolar da Non Violencia e da Paz.

Sabedes que é a PAZ? PAZ significa convivir todos xuntos sen pelexas, aceptando que somos diferentes.

Que podemos facer nós para que haxa PAZ ao noso arredor? Non podemos evitar as guerras nin as inxustizas dos adultos, iso téñeno que facer eles, pero si podemos aportar o noso gran de area para que no colexio non haxa conflitos e todos podamos traballar en PAZ.

Por iso, entre todos e todas, fixemos este decálogo recollendo todas as ideas das aulas:

  1. Axudámonos entre todos. No colexio todos somos compañeiros e compañeiras.
  2. Respectamos sempre as normas e non molestamos nin nos rimos dos demais.
  3. Compartimos as cousas e non quitamos aos demais as súas.
  4. Arranxamos os problemas falando. O diálogo é a solución, a violencia non soluciona nada.
  5. Recoñecemos os nosos erros e corrixímolos.
  6. Pedimos perdón cando nos equivocamos.
  7. Respectámonos porque todos somos diferentes. As diferenzas enriquécenos.
  8. Se vemos que algo malo está acontecendo non miremos cara a outro lado porque a alguén lle está doendo.
  9. Todos merecemos que nos traten coma os demais porque siplemente somos un máis.
  10. O colexio é divertido se ninguén se sinte excluído.

E agora chegou o momento no que xuntamos as nosas voces para cantar a canción "NUN MAR AZUL".

FicRural "Xogos tradicionais"

O Concello de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña organizan o Foro Internacional da Cultura e Economía Rural (FicRural) no que o CEIP de Roxos participa o vindeiro venres 18 de xaneiro en horario escolar.

 Trátase dunha actividade gratuíta de achegamento dos "xogos tradicionais" ás rapazas e rapaces en idade escolar.

A actividade levarase a cabo no Pavillón Municipal Carmen Estévez. Para participar nela o alumnado debe traer, ese día, calzado deportivo e chándal.

 

Solicítase entreguen aos respectivos titores/as a autorización de imaxe asinada e datada que se adxunta aquí.

ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS

Desde o CAFI ofertan ás familias un curso sobre urxencias sanitarias que se celebrará en Santiago de Compostela.

Os datos da actividade son:

- Título: "S1802021_Atención a urxencias sanitarias para familias"
- Datas de realización: 16, 23 e 30 de xaneiro
- Hora: 17:00 - 20:00
- Lugar: CIFP Compostela

As persoas interesadas en apuntarse remitirán antes do 15 de xaneiro un correo a xcarlosro@edu.xunta.es

Esperamos sinceramente que a formación resulte do voso interese.

CAMPAÑA DE INVERNO 2019. Estación invernal de Cabeza de Manzaneda

 

Remitimos información sobre a CAMPAÑA DE INVERNO 2019 da Deputación da Coruña que o Departamento de Deportes do Concello de Santiago de Compostela nos pide que difundamos entre o colectivo escolar.

 

Carta centros ensino. Pinchar aquí

Folleto de inscripción. Pinchar aquí

 

BOAS FESTAS

BANCO DE ALIMENTOS

AMPLIASE ATA O MARTES DÍA 4 A RECOLLIDA PARA O BANCO DE ALIMENTOS

BANCO DE ALIMENTOS

NO COLEXIO ESTAMOS A FACER UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DO 26 AO 30 DE NOVEMBRO

            ALIMENTOS PRIORITARIOS:

                                            ACEITE

                                            FABAS

                                            LEITE

                                          CALDOS

                                    SOPA DE SOBRE

                                   SALSA DE TOMATE

                                 PRATOS PREPARADOS

                                CUEIROS TALLAS 5 E 6

                                 LEITE INFANTIL Nº 3

                           CONSERVAS DE TODO TIPO

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR DE NADAL

O venres 16 de novembro de 2018 abriuse o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2018, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no  Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4),ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural o Ensanche (Rúa de Frai Rosendo Salvado, 14-16) cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

 O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 16 de novembro ata o venres 30 de novembro de 2018.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

 Podes atopar máis detalles, no texto explicativo que se acompaña, así como a ficha de inscrición no programa.

Concurso PILABOT

 A organización de Pilabot tomou a decisión de ampliar o prazo de inscrición para o Concurso #eusonpilabot, co fin de continuar recibindo fotografías por parte dos alumnos e alumnas que desexen participar no concurso.

Lembrámosvos que se trata dun concurso de fotografía creativa, no que a rapazada poderá participar a título individual e gañar unha tabletun altofalante bluetooth ou unha pulseira fitness. A elección dos gañadores terá lugar na páxina de Facebook, onde se publicará unha selección coas fotografías finalistas presentadas, de maneira que as tres que consigan máis “me gusta” terán premio.

 

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN

 

Poderánse inscribir a través do formulario web http://pilabot.gal/eusonpilabot ata o día 31 de xaneiro ás 18:00 h. 

 

REQUISITOS

Tan só precisan o uso da caixa que levaron para recoller pilas na casa, algunhas pilas e moita creatividade. Cómpre ter coidado coa presenza de personas, xa que en tal caso, non deben figurar rostros recoñecibles. Na ligazón http://pilabot.gal/eusonpilabot atópanse as bases legais e toda a información precisa para participar: requisitos, documentos de autorización para que asinen os titores dos menores e o formulario de inscrición.

 


Pilabot, abriu o prazo de inscrición para o Concurso #eusonpilabot

 Trátase dun concurso de fotografía creativa, no que as alumnas e alumnos do centro poderán participar a título individual e gañar unha tablet, un altofalante bluetooth ou unha pulseira fitness. A elección dos gañadores terá lugar na páxina de Facebook, onde se publicará unha selección coas fotografías finalistas presentadas, de maneira que as tres que consigan máis “me gusta” terán premio.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN E REQUISITOS

 O alumnado que desexe participar poderá enviar as súas fotografías ata o vindeiro venres 25 de xaneiro.

 Na ligazón http://pilabot.gal/eusonpilabot atópanse as bases legais e toda a información precisa para participar: requisitos, documentos de autorización para que asinen os titores/as dos menores e o formulario de inscrición.

 

 


O CEIP de Roxos inscribímonos no concurso PILABOT. Ler máis

O xoves 17 de xaneiro de 2019 recollen os bidóns de pilas.

Distribuir contido


by Dr. Radut