Skip to Content

Familias

SUSPENSIÓN ACTIVIDADES LECTIVAS

 

Tal e como acaba de comunicar o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable a partir de mañá 13/03/2020.



INFORMACIÓN COVID-19

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

Para acceder a información enviada por dita Dirección Xeral, clicar aquí.

COMEZO DO PROGRAMA REFÓRZA-T

O vindeiro luns 20 de xaneiro comeza o programa REFÓRZA-T concedido ao centro dentro da convocatoria Contratos-Programa para a mellora do éxito escolar. Dito programa vai destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e levarase a cabo ata o 15 de xuño en horario de 16:30 a 18:30 de luns a xoves.

O programa está financiado na súa totalidade pola Consellería de Educación que corre cos gastos de profesorado, transporte e gastos de material.

Itinerarios:

Grupo de 5º e 6º. Luns e mércores.

Chegada ao colexio:

  • 16:05h Pardiñas de Abaixo
  • 16:08h Paredes
  • 16:12h A Capela
  • 16:20h Reborido
  • 16:30h CEIP de Roxos

Saída ao colexio:

  • 18:30h CEIP de Roxos
  • 18:40h Reborido
  • 18:48h A Capela
  • 18:52h Paredes
  • 18:55h Pardiñas de Abaixo

 Grupo de 3º e 4º. Martes e xoves:

Chegada ao colexio:

  • 16:05h Pardiñas
  • 16:10h Reibó
  • 16:20h Reborido
  • 16:23h Fraiz
  • 16:30h CEIP de Roxos

Saída ao colexio:

  • 18:30h CEIP de Roxos
  • 18:37h Fraiz
  • 18:40h Reborido
  • 18:50h Reibó
  • 18:55h Pardiñas

 

 

 

ALERTA A NIVEL LARANXA

MeteoGalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 15:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña e a montaña de Ourense.

 

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

 

Acta. LIGAZÓN

 

FOLGA 12 DE DECEMBRO

O vindeiro xoves 12 de decembro está convocada, pola totalidade das centrais sindicais, unha folga do profesorado.

Por tal motivo, as actividades lectivas do centro poden verse alteradas.

Servizos mínimos para a folga do 12 de decembro.

  • Publicados no DOG do 4 de decembro de 2019. Ligazón

Centros de 6 ou máis unidades: un membro do equipo directivo.

Centros de menos de 6 unidades: un membro do equipo directivo ou membro do claustro no que deleguen.

Unitarias (non pertencentes a un CRA): unha profesora ou profesor da unitaria.

O resto do persoal non docente (conserxes, administrativos, persoal de cociña, etc.) non está afectado pola convocatoria de folga polo que teñen que traballar con normalidade.

EDUCANDO EN IGUALDADE

 
 

MICROMACHISMOS

O luns 25 celebramos o DÍA  INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, que foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1990.

A Concellería de Educación, Xuventude, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago propúxonos participar cos nosos traballos nunha actividade que leva por título: "Contra as violencias machistas, educación".

O alumnado de 6ºB elaborou un vídeo sobre os chamados MICROMACHISMOS que queremos compatir con todos vós e do que imos falar no acto reivindicativo que convocou o Concello o luns na Praza do Concello para todos os centros educativos de Santiago.

CAMPAÑA DE INVERNO 2020

Esta campaña desenvolverase na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA e poderán participar os nenos e nenas empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Terán preferencia os/as rapeces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

A duración da actividade será de 4 días, de venres a luns, con entrada na estación o venres pola mañá e saída o luns despois da comida. Esta proposta inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A Deputación da Coruña asignoulle ao Concello de Santiago 20 prazas para participar na 2ª quenda: do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:

  • Rexistro Xeral: R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)
  • Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)

A ficha de inscrición está colgada en internet:

A data límite de presentación da solicitude remata o mércores 4 de decembro.

No caso de ter máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público ante o Secretario do Concello para a adxudicación das mesmas.

Os adxudicatarios das prazas terán que aboar a cota de inscrición de 85 € e completar a documentación necesaria para a inscrición oficial que establece a Deputación: foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria, fotocopia do carné de identidade ou libro de familia, copia do aboamente da cota de inscrición e, no caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, achegarase certificado médico asinado por facultativo/a (de igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo).

 

Para calquera dúbida ao respecto por parte dos interesados, poden charmar ao Departamento de Deportes ao teléfono 981 528 730 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

 

Información+inscrición. Picar aquí

Cartel. Picar aquí

31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

Outubro 31. Día non lectivo. Día do Ensino.

Novembro 1. Día non lectivo. Día de Todos os Santos.

 

2019

 

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

 

 

Outubro

 

Novembro

 

 

 

1

2

3

4

5

6

3

 

 

 

 

1

2

3

 

 

7

8

9

10

11

12

13

 

4

5

6

7

8

9

10

 

 

14

15

16

17

18

19

20

 

11

12

13

14

15

16

17

 

 

21

22

23

24

25

26

27

 

18

19

20

21

22

23

24

 

 

28

29

30

31

 

 

 

 

25

26

27

28

29

30

 

 

 

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Calendario coas reunións previstas de información sobre o funcionamento dos servizos de madrugadores e comedores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria de Santiago de Compostela. Picar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut