Skip to Content

Familias

Semana Europea da Mobilidade: CAMIÑA CON NÓS!

Actividades da Semana Europea da Mobilidade. Picar aquí.

ALUMNADO QUE SAE SÓ AO REMATE DA XORNADA LECTIVA

  1. Si o teu fillo ou filla vai saír só do colexio ao rematar as clases lectivas, lembra que debes ter entregado no centro unha autorización para tal fin.
  2. Si o teu fillo ou filla é recollido no centro por unha terceira persoa distinta da súa nai, pai ou titor/a legal, lembra que tes que entregar no centro unha autorización indicando quenes son ditas persoas.

        Actualización datos_Autorización terceiras persoas: Picar aquí.

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO 2019/2020

Dende o primeiro día de curso, o 11 de setembro, comenza:

  • Horario lectivo: 09:30/14:30 (As portas do centro ábrense ás 09:15)
  • Servizo de madrugadores e comedor
  • Biblioteca escolar: 16:30/18:30 (Agás luns)

FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO

Reunirémonos o venres 6 de setembro de 2019 coas familias de nova incorporación ao CEIP de Roxos no seguinte horario:

  • 10:00 h. Reunión co equipo directivo.
  • 10:30 h. Reunión coa ANPA do CEIP de Roxos
  • 11:30 h. Reunión co profesorado de 3 anos (4º de educación infantil)

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2019-2020

PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Documentación a presentar:

  • Formulario de matrícula. ANEXO III.
  • Recollida de datos. Pinchar aqui.
  • Cuestionario para as familias de educación infantil. Pinchar aqui.
  • 1 foto tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Libro de vacinas, en caso de non o ter, presentar informe médico de saúde

Os que teñan pensado solicitar Comedor Escolar e/ou Madrugadores, deben estar pendentes da apertura do prazo de inscrición por parte do Concello de Santiago.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019 aparece publicada a Orde que regula as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019/20.

DOG

ANEXOS I e II

Prazo do 21 de maio ao 21 de xuño.

Horario de presentación de solicitudes en Dirección:

  • Luns, martes, xoves e venres de 09:30 a 10:20 h.
  • Luns e venres de 12:30 a 14:30 h.
  • Mércores de 13:40 a 14:30 h.
  • Xoves de 12:30 a 13:40 h.

 

Poden descargar as seguintes follas informativas:

  • Axuda libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria, pulsando aquí.
  • Fondo de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, pulsando aquí.
  • Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria, pulsando aquí.

 

CAMPAÑA PRIMAVERA 2019 - GLORR Fundación

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=2&mailbox=Q3Vyc28gMjAxOC0yMDE5L0Z1bmRhY2kmQVBNLW4gR2xvcnI&uniq=1557831408866

 

GLORR Fundación, continúa cos proxectos de colaboración a través dos centros educativos.

O seu obxectivo é que a situación económica que sofren as familias non inflúa negativamente no desenvolvemento educativo integral dos menores, grazas ao apoio que están recibindo.

Convídannos a formar parte do seu proxecto, aportando todo tipo de produtos téxtiles (roupa, calzado, mantas...) que teñamos na casa e xa non empreguemos.

AS DOAZÓNS VAN DESTINADAS Á AXUDA DE NENOS E NENAS NECESITADOS DO NOSO PAÍS.

 

O vindeiro luns 27 de maio entregaremos a cada neno e nena unha bolsa (facilitada por GLORR Fundación) para que, aqueles de vós que queirades colaborar na "Campaña primavera 2019", poidades deixar no centro os produtos téxtiles que consideredes.

IMPORTANTE: A data de recollida é o mércores 5 de xuño de 2019.

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN SEMANA SANTA 2019

O venres 15 de marzo abriuse o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Semana Santa 2019, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións de Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no  Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4),ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural o Ensanche (Rúa de Frai Rosendo Salvado, 14-16) cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

 O prazo de inscrición está aberto dende o venres día 15 de marzo ata o venres 29 de marzo de 2019.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

 

ENTROIDO

Celebraremos o Entroido o vindeiro venres día 1 de marzo.

Se o tempo o permite desfilaremos pola rúa da Barrosa e As Torres no Ar acompañados da charanga do colexio.

Degustaremos produtos do Entroido e as filloas quentes da pedra.

Remataremos a festa bailando todos e todas zumba.

Quedades convidadas e convidados.

 

Lembrar que os días 4, 5 e 6 de marzo están silanados no calendario escolar como "Vacacións de Entroido".

CAMPAÑA DE ALIMENTOS

A cantidade de alimentos recollidos no CEIP de Roxos, o pasado mes de decembro ascende a 509 k/ L.

O noso máis sincero agradecemento polo voso compromiso coas persoas máis desfavorecidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut