Skip to Content

Acordos do claustro do CEIP Rosalía de Castro dacordo coas orientación dadas pola Consellería de Educación para o 3º Trimestre

Diante das orientacións dadas pola Consellería de Educación sobre o desenvolvemento para o 3º trimestre, o claustro de profesorado do CEIP Rosalía de Castro reuniuse hoxe ás 10.00 AM e tomou os seguintes acordos:

1. Afondar na titorización do alumnado de cada grupo, artellando os medios electrónicos que iso supoña (AbalarMóbil, correo electrónico, ...) Cada titor/a comunicará ao seu grupo a ferramenta acordada para establecer esa titorización.

2. Secuencialización das tarefas: As tarefas propostas terán unha secuencialización diaria, adapatada ás cargas lectivas de cada área, facendo fincapé nas áreas instrumentais (lingua e matemáticas). Segundo o fixado nas orientacións dadas pola Consellería, estas actividades pasan a ser avaliables e deberán ser feitas por todo o alumnado. O centro garantirá os medios de publicación necesarios para que cheguen ao conxunto xeral do alumnado. A temporalización da súa publicación será fixada pola mestra/e e comunicado ás familias.

3. Avance no currículo: Segundo as orientacións fixadas pola Consellería, todos os cursos farán un reforzo das competencias xa adquiridas, podendo facer avances en aqueles conceptos xa dados, é dicir, reforzaremos avanzando.

4. O profesorado do centro establecerá os medios oportunos  para que haxa unha retroalimentación das tarefas enviadas ao alumnado, coa súa correspondente valoración e proposta de mellora. Tamén establecerá canles de comunicación con elas/es para comentar difcicultades, aportar melloras, ....

5. A avaliación desta terceira avaliación e da avaliación ordinaria farase seguindo estrictamente as instruccións fixadas pola Consellería e o Ministerio de Educación.

Todos estes acordos entran a día de hoxe en vigor e están supeditados a futuras instruccións que fixe de novo a autoridade educativa.

Estanse artellando as estratexias correspondentes para que as familias poidan recibir os libros de texto e materiais necesarios para rematar este curso.

As tarefas correspondentes a esta semana do 20 ao 25 de abril, PUBLICARÁNSE MAÑÁ MARTES, 21 DE ABRIL DE 2020

 



blog | by Dr. Radut