Din que non hai dous sen tres!! Volve da man da teacher Alicia e AugaMar Xestión as manualidades, bailes, actividades, .... que podemos facer con todo ese material que temos por casa... Aproveitade o fin de semana para facer algunha delas!
FELIZ DÍA DO LIBRO. O VOSO PRIMEIRO CONTO VIRTUAL As titoras de 3 anos en colaboración cos seus alumnos e alumnas hoxe contan a historia do monstro da coroa. Que nestes intres non nos falte a maxia dunha boa lectura!
Diante das orientacións dadas pola Consellería de Educación sobre o desenvolvemento para o 3º trimestre, o claustro de profesorado do CEIP Rosalía de Castro reuniuse hoxe ás 10.00 AM e tomou os seguintes acordos:
1. Afondar na titorización do alumnado de cada grupo, artellando os medios electrónicos que iso supoña (AbalarMóbil, correo electrónico, ...) Cada titor/a comunicará ao seu grupo a ferramenta acordada para establecer esa titorización.
Esta é a información sobre o fin de curso publicada hoxe pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)
Seguindo instruccións da Consellería, pomos á disposición da Comunidade Educativa. Son equipos cunha pantalla de 10" e cun sistema operativo Android. Son equipos antigos, cun hardware xusto para facer os usos básicos dun equipo portátil (navegar na web, tratamento de textos, ...) Artellarase un sistema de préstamo ás familias, co compromiso de facer un bo uso del, ter os coidados básicos para presevar o seu bo funcionamento, e comprometerse a devolvelo no mesmo estado que foi prestado.