Skip to Content

Novas

Fin das actividades extraescolares para este curso 2022 - 2023

Segundo fixa a Programación Xeral Anual do centro para este curso 2022/2023, as actividades extraescolares que se fan en horario de tarde (inglés, patinaxe e aula de estudo) rematan o dia 31/05/2023, polo que a partir do dia 01/06/23 todo o alumnado que non sexa usuario de comedor sairá ás 14.00 e aquel que sexa usuario do comedor ás 15.15.

ENQUISA CONVIVENCIA

Desconvocada a folga do transporte escolar paraos días 27 e 28 de abril

Acaban de comunicarnos dende a empresa que realiza o servizo de transporte escolar que a folga prevista para os días 27 e 28 de abril QUEDA DESCONVOCADA, polo que O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ CON TODA NORMALIDADE

Incidencias no servizo do transporte escolar para os días 27 e 28 de abril

Diante da convocatoria de folga de todo o sector do transporte público de viaxeiros e postos en contacto coa empresa facilitadora do servicio de transporte escolar para este centro, os seus responsables transmítennos que non poden garantir que tanto mañá, xoves 27 como o venres 28 de abril este servicio  vaia funcionar con normalidade, polo que, probablemente, OS AUTOBUSES

Incidencias no servizo do transporte escolar

Segundo as instruccións ditadas polo Servizo de Apoio aos Servizos Educativos, e en relación á folga convocada para o día 31 de marzo de 2023 que afecta o servizo de transporte escolar, hoxe vénse de publicar no DOG que os servizos mínimos a realizar serán as rutas de máis de 4 km.

Mercadiño de man a man

Estamos entre os finalistas do concurso "Que es un Rey para ti" !!!

Este ano o noso alumnado da Aula Específica, coordinado polas súas mestras Elena e Estefanía, participaron no concurso "Que es un rey para ti". Esta é  á 42ª edición deste concurso escolar, organizado por FIES (Fundación Institucional Española), patrocinado pola Fundación Orange e dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros educativos de toda España.

Sempre no noso recordo...

Chora o ceo neste dia tan reinvidicativo do que ti sempre fuches abandeirada durante a túa intensa vida de loitadora... Sempre te recordaremos como grandísima compañeira e moito mellor persoa... Que a terra che sexa leve, Cristina...

 

Acompañamos nestes tristes momentos ao noso compañeiro Juan Porto

Toda a comunidade educativa do CEIP Rosalia de Cas

Distribuir contido


by Dr. Radut