Skip to Content

Novas

Aclaración importante sobre os Protocolos COVID

 

Mandas do Meco

Debido á situación sanitaria actual, este ano toca facer un entroido con "sentidiño" e por esa razón non se fará desfile nin polas rúas do pobo nin dentro do propio centro. Para que os nenos/as manteñan o "sentimento" destes días tan nosos, voluntariamente poden participar nas  MANDAS DO MECO que comezarán o luns 8 e das que achegamos instruccións (recordamos que as MANDAS son acumulativas)

Mandas do Meco

Recomendacións para o comezo clases no segundo trimestre

O vindeiro luns 11 de xaneiro comezamos as clases do segundo trimestre e ante a situación COVID na nosa vila, lembramos as normas de prevención da Covid-19 para o alumnado fixadas polo protocolo das Consellerías de Sanidade e Educación:

Recordatorio comezo de clases

Ante as consultas que se teñen dirixido a este centro, queremos recordar que, segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a actividade lectiva reanudarase no noso centro o vindeiro LUNS, 11 de XANEIRO DE 2021 no horario habitual. Un saúdo

 

Comezo do periodo das vacacións de Nadal 2020

 

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade o período de vacacións de Nadal comeza o vindeiro mércores 23 de decembro ata o xoves 7 de xaneiro ambos os dous incluídos. O día 8 de xaneiro tamén será non lectivo.

Notificación dun caso positivo por COVID no alumnado do centro

Distribución de máscaras para o alumnado de ED. PRIMARIA e ED. ESPECIAL

No día de hoxe vénse de publicar no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e Ed. Especial. De conformidade con dita Orde, TODO O ALUMNADO DESTAS ETAPAS que resultou beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR (non dos libros de texto), será beneficaiario directamente das máscaras.

Novo caso positivo confirmado no centro

Temos a confirmación dun novo caso positivo entre o noso alumnado. Xa foron tomadas todas medidas de confinamento necesarias seguindo as pautas marcadas por Saúde Pública.

 

Instruccións primeiro día de clase para o alumnado de Ed. Infantil de 4 e 5 anos

 

INSTRUCIÓNS PRIMEIRO DÍA LECTIVO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut