Iniciar sesión
SECRETARÍA
En colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE) e para conmemorar o Día de Internet Segura 2024, que está programado para o próximo 6 de febreiro, subimos este material creado polo INCIBE baixo a iniciativa Internet Segura for Kids (IS4K) referente ao uso seguro e responsable de internet por parte dos menores.
Esta documentación conta tanto cunha guía de mediación parental coma con modelos de pactos familiares para o uso de diferentes dispositivos electrónicos.
Día Internacional da Paz e a Non Violencia
admin — Lun, 29/01/2024 - 17:33
A cativada do colexio celebrou este martes, 30 de xaneiro, o Día Internacional da Paz e a Non Violencia. Para iso, levaron a cabo a elaboración de distintos carteis con lemas e debuxos co fin de expoñelos na cristaleira do comedor escolar. Desde o CEIP Rosalía de Castro, mediante estas accións, pretendemos fomentar a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas de distinta procedencia e modos de pensamento, acollendo as nosas diferenzas como base elemental do noso propio enriquecemento cultural.
A nosa compañeira e coordinadora de convivencia e benestar, Susana Castro, levou a cabo unhas interesantes charlas sobre habilidades sociais ao longo da semana pasada e elaborou unha presentación interactiva que achegamos na seguinte ligazón:
Día da non Violencia e da Paz
admin — Ven, 26/01/2024 - 11:49
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »