Iniciar sesión
SECRETARÍA
Polos Creativos
admin — Ven, 23/02/2024 - 14:13
Para conmemorar o Día da Muller e a nena na ciencia, o alumnado de 6º de Educación Primaria coñeceu 12 famosas astrónomas e astrofísicas, construíndo uns flexicubos nos que se pode ver o rostro de cada unha destas mulleres en cada cara do flexicubo.
Visita de Julio Verne e Rosalía de Castro
admin — Xov, 22/02/2024 - 14:45
Toda a cativada do colexio recibiu hoxe, xoves 22 de febreiro, a visita de Julio Verne e Rosalía de Castro. Ao longo destas sesións puideron aprender, de xeito ameno e divertido, novos datos de interese sobre a vida e obra destes dous eminentes persoeiros.
Saída ao Auditorio - Teatro Títeres
admin — Mér, 21/02/2024 - 14:17
A rapazada de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria asistiu este mércores á representación teatral "A virxe de Rosalía" a cargo de Larraitz Urruzola Producións Artísticas.
Entroido 2024
admin — Lun, 12/02/2024 - 11:36
As crianzas do CEIP Rosalía De Castro festexaron, o pasado venres 9 de febreiro, o Entroido cunha pequena comparsa no patio cuberto. Neste desfile amosaron os seus disfraces sobre a obra de “Julio Verne” (o noso proxecto para este curso 2023/2024).
Proxecto Ríos - 6ºA Educación Infantil
admin — Xov, 08/02/2024 - 12:52
Plantación Horta Escolar
admin — Mar, 06/02/2024 - 17:10
Un ano máis todo o alumnado plantou na Horta ecolóxica e tamén podamos e abonamos as nosas froiteiras. Este curso cambiamos parte da zona de plantación co fin de que as toupas e caracois non estraguen os nosos cultivos. A enxeñeira agrónoma, Carme, tamén nos deu consellos e ideas para poder plantar nas nosas hortas.
Esta semana plantamos na horta leitugas, cebolas, chícharos, patacas, porros e amorodos. Tamén fixemos sementeiras de tomates cherry, albahaca, rúcula ou taguete, que é unha colorida planta que acuda a controlar plagas nos cultivos. Seguimos apostando pola sustentabilidade e consumo de produtos ecolóxicos de proximidade. Reducimos a nosa pegada de carbono mentres aprendemos e pasamos un bo rato na nosa horta. Xusto a tempo para que agora a chuvia regue todo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »