Iniciar sesión
SECRETARÍA
Alimentación Saudable 1º EP
admin — Lun, 04/12/2023 - 18:04
Dentro do marco do Proxecto Voz Natura que levamos a cabo no centro desde fai anos, os alumnos e alumnas de primeiro de educación primaria estiveron traballando durante estas semanas a alimentación saudable, dietas equilibradas e a pirámide nutricional, así como bos hábitos, facer exercicio ou practicar algún deporte. Para isto, levamos a cabo, entre outras actividades, un obradoiro de merendas saudables con brochetas de nadal.
Doazón Material Escolar para Escolas Saharianas
admin — Xov, 30/11/2023 - 17:32
Desde o CEIP Rosalía de Castro queremos agradecer os donativos do material escolar destinados para @s menores do Sáhara.
Moitas grazas por esta fermosa aportación.
Sesións sobre Acoso Escolar
admin — Ven, 10/11/2023 - 14:10
A nosa compañeira Susana, coordinadora de Benestar e Convivencia, impartiu unhas interesantes e instructivas charlas sobre o acoso escolar dirixidas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Ao longo da sesión, a rapazada destes cursos recibiu útiles e valiosas estratexias para aplicar nestas recusables situacións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »