Iniciar sesión
SECRETARÍA
Con motivo do Día de Rosalía, o alumnado de 3º de Educación Primaria visitou a igrexa de Bastabales para recitarnos, dende o mesmo lugar ao que Rosalía lle adica esta peza literaria, o poema Campanas de Bastabales.
Proxecto IgualaT Educación Infantil
admin — Mér, 28/02/2024 - 19:08
Nova sesión de contacontos dentro do programa IgualaT. Neste caso titulado "Piratrans".
Voz Natura Febreiro
admin — Mér, 28/02/2024 - 16:44
Hoxe puxemos o patio do cole máis bonito plantando pensamientos, verbenas, xeranios, lavanda, ourego,...
Axudounos Ana, da Floristería Iria e, ao marchar, regaloulle un tulipán a cada neno e nena, que agora coidarán e adornarán as súas casas.
Xogade
admin — Mér, 28/02/2024 - 11:25
Este martes, 27 de febreiro, disputouse a fase intercomarcal dentro do programa deportivo "Xogade". Esta competición tivo lugar no Estadio Municipal Julio Mato "Matito" de Noia, onde finalmente quedaron clasificadas dúas das nosas alumnas, as cales participarán na fase provincial o venres 15 de marzo no Circuíto Virxe de Loreto en Porto do Son.
Polos Creativos 1º EP
admin — Mar, 27/02/2024 - 20:08
O alumnado de 1º de Educación Primaria estamos inmersos no programa Polos Creativos da Consellería de Educación, polo que hoxe traballamos por equipos co material enviado ao centro.
Proxecto IgualaT Educación Infantil
admin — Lun, 26/02/2024 - 17:35
Primeira sesión de contacontos sobre igualdade de xénero enmarcado dentro do programa IgualaT. Posterior debate sobre "por que dicimos que hai cousas de nenos e cousas de nenas?" baseado no conto e en diferentes imaxes.
Polos Creativos Educación Infantil
admin — Ven, 23/02/2024 - 17:33
O alumnado de Educación Infantil elaborou distintas creacións co material enviado pola Consellería.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »