Iniciar sesión
SECRETARÍA
Teatro de Sombras
admin — Lun, 22/04/2024 - 13:58
Teatro de sombras por parte do alumnado de 2º da ESO do CPI Pontecesures.
Día da Terra 2024
admin — Lun, 22/04/2024 - 13:52
O alumnado do cole fixo un centro de camelias para conmemorar o día da Terra e concienciarnos de que os nosos actos inflúen na "saúde" do único planeta que temos. Escollemos as camelias porque cada vez teñen máis presenza na nosa zona e imos practicando para poder chegar a presentar algún día unha decoración no concurso da Pascua.
Día do Libro 2024
admin — Lun, 22/04/2024 - 10:05
Polos Creativos
admin — Xov, 18/04/2024 - 22:12
Nestas dúas semanas, 6º de educación infantil, 1º e 6º de educación primaria puidemos gozar do kit de construción (préstamo do Cafi para Polos Creativos). A través deste material traballamos a estruturación espacial, xeometría, planificación dun proceso de construción, traballo cooperativo, concentración, creatividade,...
Formación Polos Creativos
admin — Mar, 09/04/2024 - 22:52
Esta tarde tocou formación ao Equipo de Polos Creativos sobre robótica na etapa de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.
A través do conto "O cazo de Lorenzo" podemos entender e reflexionar sobre a importancia da autoestima, o amor, a perseveranza e a empatía que se precisan para superar as diversas dificultades que atopan moitas persoas da nosa sociedade actual.
Proxecto Ríos
admin — Ven, 22/03/2024 - 18:22
O alumnado de 1º de Educación Primaria fixo unha camiñata para rematar o 2º trimestre polo paseo das Torres Vikingas, no marco do Proxecto Ríos, co obxectivo de observar e desfrutar do Río Ulla ao seu paso por Catoira.
Iguala-T
admin — Mar, 19/03/2024 - 16:43
No Equipo IgualaT aplicamos o aprendido na formación e creamos, en colaboración co Equipo de Biblioteca, este recuncho no que expoñemos estes contos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »