Iniciar sesión
SECRETARÍA
Voz Natura
Sesión Contacontos
admin — Mér, 24/04/2024 - 13:08
As crianzas de 6º de Educación Infantil desfrutaron dunha sesión de contacontos no marco do proxecto Voz Natura.
Día da Terra 2024
admin — Lun, 22/04/2024 - 13:52
O alumnado do cole fixo un centro de camelias para conmemorar o día da Terra e concienciarnos de que os nosos actos inflúen na "saúde" do único planeta que temos. Escollemos as camelias porque cada vez teñen máis presenza na nosa zona e imos practicando para poder chegar a presentar algún día unha decoración no concurso da Pascua.
Voz Natura - Fame Cero
admin — Ven, 08/03/2024 - 20:12
O alumnado de 4º de Educación Primaria, unha vez rematadas as unidades didácticas das dúas Ciencias relacionadas cos sectores económicos, economía circular, consumo, alimentos naturais e procesados,... e despois de plantar a horta ecolóxica con Mans Unidas, esta ONG tamén nos organizou un obradoiro no que coñecemos as sementes de moitos alimentos que consumimos e que viñan desde 15 a 8.000 km da nosa casa. Cos gastos e contaminación que ten o transporte. Algunhas foron: améndoas, café, cacao, millo ou xirasol.
Esta actividade está tamén relacionada co segundo obxectivo da Axenda 2030: Fame Cero.
Voz Natura Febreiro
admin — Mér, 28/02/2024 - 16:44
Hoxe puxemos o patio do cole máis bonito plantando pensamientos, verbenas, xeranios, lavanda, ourego,...
Axudounos Ana, da Floristería Iria e, ao marchar, regaloulle un tulipán a cada neno e nena, que agora coidarán e adornarán as súas casas.
Plantación Horta Escolar
admin — Mar, 06/02/2024 - 17:10
Un ano máis todo o alumnado plantou na Horta ecolóxica e tamén podamos e abonamos as nosas froiteiras. Este curso cambiamos parte da zona de plantación co fin de que as toupas e caracois non estraguen os nosos cultivos. A enxeñeira agrónoma, Carme, tamén nos deu consellos e ideas para poder plantar nas nosas hortas.
Esta semana plantamos na horta leitugas, cebolas, chícharos, patacas, porros e amorodos. Tamén fixemos sementeiras de tomates cherry, albahaca, rúcula ou taguete, que é unha colorida planta que acuda a controlar plagas nos cultivos. Seguimos apostando pola sustentabilidade e consumo de produtos ecolóxicos de proximidade. Reducimos a nosa pegada de carbono mentres aprendemos e pasamos un bo rato na nosa horta. Xusto a tempo para que agora a chuvia regue todo.
Charla sobre Produtos Locais
admin — Mar, 19/12/2023 - 14:40
O alumnado de 3º ciclo de educación primaria asistiu este martes, 19 de decembro, a unha charla sobre produtos alimenticios de proximidade e a importancia do seu consumo.
Alimentación Saudable 1º EP
admin — Lun, 04/12/2023 - 18:04
Dentro do marco do Proxecto Voz Natura que levamos a cabo no centro desde fai anos, os alumnos e alumnas de primeiro de educación primaria estiveron traballando durante estas semanas a alimentación saudable, dietas equilibradas e a pirámide nutricional, así como bos hábitos, facer exercicio ou practicar algún deporte. Para isto, levamos a cabo, entre outras actividades, un obradoiro de merendas saudables con brochetas de nadal.
Exposición sobre Animais en perigo de extinción
admin — Mar, 13/06/2023 - 19:48
En 3º de Educación Primaria investigamos e coñecemos a moitos animais en perigo de extinción. A maioría está nesta situación por distintas actuacións do ser humano.
Voz Natura - Educación Infantil - Aula A Pementeira
admin — Ven, 12/05/2023 - 11:41
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »