Iniciar sesión
SECRETARÍA
Documentos de Centro
admin — Mar, 17/09/2024 - 11:02
Para acceder aos documentos prema na imaxe correspondente. Os documentos que faltan iranse subindo nos próximos días.
Actividades Anpa
admin — Xov, 05/09/2024 - 14:17
No Curso 2024-2025 tanto as altas de socios/as da ANPA como as inscricións nas actividades extraescolares realizaranse unicamente a través dos formularios web habilitados nesta Páxina Web:
§ Alta Socio/a: unha por unidade familiar (cota anual 20€/familia a ingresar na conta número: ES35 2080 0304 6430 4003 0460 (ABANCA) Concepto: nome do neno/a). O xustificante da transferencia deberá achegarse dentro do formulario a cumprimentar para darse de alta.
Link alta socio:
§ Inscrición en actividades extraescolares: unha inscrición por cada neno/a. O prazo para realizar as inscricións nas actividades será ata o próximo mércores 18 de setembro incluído co gallo de poder organizar e iniciar as actividades no mes de outubro sempre que se forme grupo. Todos os usuarios e usuarias das actividades serán informados da data de comezo das clases así como dos obxectivos das mesmas. A información detallada das actividades ofertadas (prezos, horarios, etc.) pódese encontra no pdf “Información actividades extraescolares curso 2024-2025”
Link alta actividades extraescolares:
Proxecto Iguala-T
admin — Mér, 26/06/2024 - 20:43
O Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, publicou recentemente tres Decálogos pola Igualdade LGTBI (Educación, familias e deporte). Facilitamos aquí o enlace en PDF os dirixidos a Educación e Familias. Olládeos.
Festival Fin de Curso 2024
admin — Dom, 23/06/2024 - 22:59
Todo o alumnado do colexio celebrou o final deste curso cun festival cheo de marcha e Rock 'n' Roll. Agora toca descansar e cargar as pilas para comezar o vindeiro curso 2024/2025 con forza, alegría, ilusión e enerxías renovadas.
Boas vacacións a tod@s!!!
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |