Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Libros de texto e materiais escolares., Admisión e matricula
Libros de texto para o curso 2021 - 2022
loli — Lun, 05/07/2021 - 13:33
Aquí poden consultar o listado de libros de texto aprobados para o curso 2021 - 2022.
Como poden comprobar en algúns cursos elimináronse libros e, outros, son cedidos pola propia editorial (Inglés de 4º). Polo tanto, deben mercar só aqueles que aparezan na listaxe.
En 2º de Educación Primaria hai un erro nos libros de lingua inglesa. Non son os que aparecen no listado; deberían ser All About Us 2 Class Book Pack e All About Us Activity Book.
Tamén poden acceder aos materiais escolares para Educación Infantil.
ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO. CURSO 2021 - 2022
loli — Ven, 05/02/2021 - 14:38
PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO: 1 AO 22 DE MARZO
-
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN (normativa, postos escolares ofertados, prazo de presentación de solicitudes, documentación necesaria para acreditar os requisitos alegados na solicitude, criterios de baremación, criterio complementario do centro ...)
-
APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO (https://www.edu.xunta.es/admsionalumnado)
-
ENLACE Á INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Listaxes libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021
loli — Mér, 24/06/2020 - 19:04
Nos arquivos adxuntos poden ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020 - 2021.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20
loli — Xov, 01/08/2019 - 12:21
Para ver a lista dos libros de texto e os materiais do curso 2019/2020 pode consultar os Anexos correspondentes.
Lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/20
loli — Mar, 14/05/2019 - 14:14
Nos adxuntos pódese comprobar a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019 - 2020.
Contra as listas definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (art. 32.1 da Orde 12 de marzo de 2013).
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Lun, 25/03/2019 - 14:27
Debido á superación de solicitudes de admisión para alumnado de 4º de E. Infantil respecto ao número vacantes ofertadas, será imprescible aportar a documentación acreditativa dos criterios alegados dende o 25 de marzo ata o 4 de abril.
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Mar, 26/02/2019 - 19:13
Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo, facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
-
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-
Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexo.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.
- Anexos:
- Calendario do proceso de escolarización.
- Información pública sobre o proceso de admisión,
- Mapas sobre a situación do centro e as zonas de influencia.
- Información sobre o centro educativo.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 2019/20
loli — Lun, 24/04/2017 - 14:37
No día de hoxe publícanse as listaxes provisionais de alumnos/as admitidos para o vindeiro curso (ver os adxuntos).
Lembren que o prazo para as reclamacións abrangue dende o día 25 de abril ata o 3 de maio, ámbolos dous inclusive.
![RSS - Libros de texto e materiais escolares., Admisión e matricula Distribuir contido](/centros/ceiprosalialugo/misc/feed.png)