Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
loli — Xov, 23/03/2017 - 11:46
Infórmase ás/aos solicitantes de prazas escolares para 4º de Infantil para o curso 2017/18, que existen máis solicitudes que prazas vacantes.
- Sendo preciso baremar as solicitudes ábrese un prazo para aportar no centro a documentación que acredite a puntuación, conforme se recolle na Sección 2ª. Criterios xerais de baremo, artigos 19 e seguintes, da ORDE do 12 de marzo de 2013.
PRAZO: do 23 de marzo ao 5 de abril de 2017 ás 14:00 h.
O artigo 17.2 da ORDE do 12 de marzo de 2013 establece que “A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente. “ Igual consideración terá a documentación presentada fóra de prazo (artigo 17.4)
Publicarase a relación provisional de admitidas/os a partir do 24 de abril. Non se publicarán as puntuacións, podendo as persoas interesadas consultar en secretaría a propia puntuación.
As listaxes definitivas publicáranse o 12 de maio a partir das 14:00 h.
A formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño (ámbolos dous inclusive)