Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Fakuade e Stainbrook visitan o Rosalía
loli — Dom, 05/03/2017 - 20:02
Os alumnos rendiron un grande recibimento aos xogadores do Cafés Candelas
Matt e Michael visitaron varias aulas do noso centro onde os alumnos e mestre, sempre en inglés, tiñan preparadas presentacións resumindo a traxectoria dos dous breoganistas, unha ampla serie de preguntas sobre diversos temas e algunha sorpresa como un Happy Birthday cantado a ámbolos dous xogadores que celebran os seus respectivos aniversarios durante estas datas. Tamén houbo agasallos como unha medalla de lembranza para cada un conmemorativa da visita ou algunha caricatura coa que se atreveron os nosos alumnos..
Esta iniciativa encádrase no programa de promoción do deporte e colaboración con proxectos educativos e sociais que leva a cabo o CB Breogán co patrocinio da Deputación de Lugo.
MÁIS FOTOS SOBRE A VISITA NA PÁXINA DE FACEBOOK DO CLUB BALONCESTO