Skip to Content

Articles

EXPOSICIÓN DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS NO 3º CICLO

Xa está lista a exposición de circuitos eléctricos que fixeron os rapaces de 6º no corredor do terceiro ciclo. Animámosvos a que subades e alucinedes cos traballos que presentaron, ou se o preferides, clicade na imaxe que está aquí debaixo e mirade as fotos de todos eles no seu blogue. Son ou non son uns artistas?

O ENTROIDO EN 6º A SEGUNDO IRIA CAO

No noso centro celebramos o entroido durante toda unha semana.

Cada día viñemos cunha cousa diferente:

LUNS: Cunha prenda da nosa nai ou do noso pai.

MARTES: A metade da cara pintada de home e a outra metade de muller.

MÉRCORES: Algún elemento de piscina.

XOVES: Uns peiteados raros, moitas coletas...

VENRES : Cada un como quixo.

 

O xoves tivemos ademais festa gastronómica. Todos os nenos da escola trouxemos doces típicos destas datas: orellas, filloas, flores. rosquillas, chulas de cabaza... Como estaba nubrado, fixemos a festa no ximnasio. Despois puidemos saír ao patio a xogar e disfrutar un pouco.

Como nos sobrou moita comida, repetimos a papatoria o día seguinte.

Ese mesmo día a índa que era disfraz libre, a miña clase decidiu que as nenas iriamos de animadoras e os nenos de xogadores de "rugby".

Despois do recreo fixemos una actividade na que axudamos aos nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo de primaria a decorar antifaces venecianos utilizando prupurina, plumas, pegatinas...

 

PASÁMOLO MOI BEN!!

    

Semana da Prensa na Escola... xa somos uns pequenos periodistas!!

Aquí estamos de novo para contarvos que estamos a celebrar a Semana da Prensa na Escola, e onte, día 12 de Marzo, tivemos unha visita que nos encantou. Nin máis nin menos que unha periodista da Voz de Galicia, que nos estivo explicando como hai que facer unha noticia, que pasos temos que seguir e como se imprimen os periódicos. Estivemos moi atentos e fixemos moitas preguntas. Despois, veu unha fotógrafa e hoxe saímos no periódico!!! que ilusión!!! Risa Aquí vos deixamos a foto que nos sacou a profe Paula (mirade o ben que nos estabamos portando Inocente), e a foto que saiu no xornal.

Apertas para todoooos!! Guiño

 

Entroido en 6ºB!!

Ola de novo a todos!!


Esta vez pasámonos por aquí para amosarvos a nosa foto de grupo do día de Entroido que tivemos a semana pasada no cole.


Estivo xenial e divertímonos moito! Sodes capaces de recoñecernos??


Ata prontooo!


Saída á Coruña

Por fin, despois de dous cursos sen saídas, este ano tocounos!

Saímos do colexio ás 8 da mañá en autobús ata a Coruña. Aquí xa o pasamos ben vendo películas Sorriso

O primeiro que visitamos ao chegar foi a Casa das Ciencias e o Planetario, onde nos ensinaorn o ceo da galaxia nese momento.Tamén observamos as constelacións e estrelas como "El Toro", "Osiris", "El Cano", "Casiopea"...

Despois disfrutamos nas salas da Casa das Ciencias das Burbullas, do Péndulo de Foucault,etc.

Ao rematar esta visita, almorzamos no Parque de Santa Margarita, e de novo autobús camiño á Domus: alí asistimos a unha película en 3D sobre a evolución da aviación ó longo dos anos.

Tiñamos reservado o comedor e alí xantamos todos xuntos, e de novo a disfrutar do museo: probando os reflexos de cada un, sombras na pantalla, potencia de tiro, resistencia na barra...

A última visita que fixemos foi ao Acuario "Finisterrae", onde unha monitora nos explicou moi ben todo o que iamos ver alí, e ata fixemos un xogo cos ósos dunha balea...

A continuación fomos visitar a sala Nautilus,  e alí vimos o despacho do Capitán Nemo e disfrutamos de peixes coma os meros, pero sobretodo, o que máis nos gustou foi a estrela da sala: o tiburón toro "Gastón".

Por último, vimos como os acuaristas lles daban de comer ás focas.

Rematada a visita aos museos da Coruña, de novo fomos ó autobús para sair cara o Grove.

Choveunos un pouco e tivemos que merendar no autobús, pero divertímonos co karaoke que levaba Guay

Tal e como estaba previsto, chegamos ó colexio ás 20:00 h.

Pasámolo pipa!! Guiño

                           

 

Visita á enseada do Grove

O pasado venres 21 de febreiro fixemos unha visita á enseada do Grove para coñecer e observar tódolos tipos de aves que temos no noso entorno.

Primeiro viñeron os monitores do grupo local SEO-Pontevedra e déronnos unha charla na biblioteca do noso cole. Foi moi interesante porque aprendimos nomes de paxaros que non escoitáramos nunca e incluso puidemos escoitar o son que facía cada un. Había algúns moi simpáticos!

Explicáronnos que viviamos nunha zona moi rica en canto a especies de aves posto que estamos situados no centro das migracións. As aves, cando migran, van de norte a sur e viceversa, e nós estamos xusto no medio,  por onde pasan todas, tanto nas migracións estivais coma nas de inverno, así que temos moita sorte porque así podemos disfrutar dunha grande cultura ornitolóxica.

Antes de ir cara o autobús, e despois de darlles ós monitores un merecidísimo aplauso, esplicáronnos como debiamos comportarnos en canto chegáramos á enseada. Os paxaros son moi asustadizos, entón non podemos facer movementos bruscos, chillar, e por suposto tampouco podemos tirar lixo no chan; temos que manter a zona limpa e coidada.

En canto chegamos, os monitores repartiron entre todos unhas guías cos debuxos e nomes dos paxaros que iamos ver alí, e tamén nos deron prismáticos e 3 telescopios, para turnarnos e velos moito máis preto.

Un dos que máis nos gustou foi a Garza Real, porque é moi grande e moi elegante na súa forma de camiñar.

Estivemos apuntando tódalas especies que recoñeciamos con axuda da guía e algún de nós apuntou ata 20 tipos de especies!! Xa somos uns grandes ornitólogos!!

E se queredes vós tamén descubrir e desfrutar coas aves, podedes viisitar esta páxina web e intentar igualarnos. Animádevos!!

http://seopontevedra.blogspot.com.es/

http://www.seo.org/

Ademáis , deixamos aquí unha cantas fotos da nosa visita! Ata pronto!

   

   

      

                   



by Dr. Radut