Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Artigos

Listaxe definitiva alumnado admitido curso 2024-25

Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas para 4º de EI (3 anos), 1º de EP e 4º de EP.  Poden consultarse as listaxes do alumnado admitido no taboleiro do centro.

Lémbrase que deben formalizar matrícula do 20 ao 30 de xuño, en Administración.

 

 

Admisión Alumnado

Iníciase o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-24:

 

*Fai clic na imaxe para ter máis información. 

As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a traves da aplicación AdmisionAlumnado no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou na Sede Electrónica,

para o que se necesitará Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

As dúbidas que teñades podedes consultalas no centro. Por aquí vos deixamos máis información que pode ser do voso interese:

  Zona de influencia do noso centro e lexislación reguladora

 Accede aquí ao Manual para as familias

Calendario do proceso admisión

Oferta de postos escolares

Información Importante

Anexos II e II-bis

 

Ven a coñecer o noso cole!

Fai clic na imaxe para ver unha presentación do noso cole:

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a listaxe definitiva do Fondo de Libros así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.

Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro. 

A entrega dos libros, dos cheques de material e dos vales para a adquisición dos libros de texto será nas seguintes datas:

1º e 2º curso: martes, 5 de setembro

3º e 4º curso: mércores, 6 de setembro

5º e 6º curso: xoves, 7 de setembro

 

Excepcionalmente, no caso de ter varios fillos en diferentes cursos, poderán vir a recollelos xuntos en calquera das datas indicadas.

 

LISTAXE PROVISIONAL: FONDO LIBROS, AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias ,
Dende o día de hoxe, xa está publicada a listaxe provisional do Fondo de Libros así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.
Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro.
As reclamacións serán admitidas ata o xoves día 6 de xullo ata as 12h

Información COVID

HORARIO DE ENTRADAS E SAÍDAS

 HORARIO SAIDAS ALUMNADO COMEDOR- NON TRANSPORTADO

 

*Fai clic nas imaxes para velas máis grandes 

Documentos de Secretaría para imprimir

 

 


 

Matrícula para este curso

O curso 2023/24 comeza cun total de 271 alumnos/as.

  • En total dentro do ciclo de Ed. Infantil :63
  • En total dentro dos tres ciclos de Ed. Primaria: 208

 

Documentos oficiais


 

Horario de secretaría

A secretaría do noso centro estará aberta todos os días, de luns a venres, en horario de 9:15 a 14:00.

 

Back to top