try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Normas

Normas do comedor escolar

 

Normas de funcionamento e de convivencia do comedor escolar

  • Marco lexislativo: Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

  • O alumnado debe respectar as Normas de funcionamento e de convivencia do comedor escolar: aseo - saída da aula - entrada no comedor - condutas e hábitos durante a comida - recollida e saída.
  • O incumprimento destas normas pode supoñer a baixa do Servizo de Comedor de forma temporal ou definitiva.
  • Para calquer tema relacionado co comedor, deben poñerse en contacto coa directora-responsable do comedor.
  • O alumnado está obrigado a respectar aos compañeiros/as e ao persoal do comedor en todo momento, obedecendo e seguindo as súas indicacións.
  • Será a coidadora a que controle o comportamento do alumnado que ten adxudicado e trasladará o caso á responsable de comedor cando se produza unha conduta non tolerada de forma reiterativa.
  • A directora-responsable de comedor supervisará e tomará nota das incidencias, para actuar en consecuencia. De ser necesario comunicará a incidencia á familia.
  • O alumnado deixará as súas mochilas, abrigos, ... nos corredores segundo lle indique o profesorado.
  • Deben ir ao baño e a lavar as mans, antes de entrar no comedor.
  • O alumnado deberá entrar no comedor acompañado pola coidadora, de xeito ordenado e sempre polas portas laterais, ás 14:15 horas.
  • Sentarán correctamente no sitio que lle indican as coidadoras/responsable do comedor, segundo criterios que facilitan o bó funcionamento do comedor.
  • Por norma xeral, non poderán levantarse durante a comida e, ante unha necesidade, levantarán a man para que as coidadoras poidan atendelos.
  • Durante a comida, amosarán unha educación básica na mesa (postura correcta, uso axeitado dos utensilios, coidado e respecto do mobiliario e inxesta correcta dos alimentos)
  • O alumnado será o responsable da reposición do material deteriorado por mal uso.
  • O alumnado colaborará cun ambiente agradable, sen levantar a voz.
  • Está prohibido xogar, tirar ou sacar a comida do comedor.
  • O persoal de comedor coidará de que o alumnado tome dos tres pratos unha cantidade de alimento axeitada á súa idade, tendo en conta que o xantar é unha das principais comidas do día e a importancia da alimentación na idade escolar para o desenvolvemento, prevención de enfermidades, ....
  • Poderán repetir a comida de calquera prato, sempre e cando teña rematado todo o do prato e comeu o anterior.
  • Ao rematar, o alumnado permanecerá sentado no seu sitio, ata que a coidadora/responsable lle permita saír do comedor na súa compañía, de xeito ordenado e pola porta lateral que se lle indique, despois de deixar a silla colocada e a mesa ordenada.
  • En primeiro lugar, sairá o alumnado transportado seguindo as instrucións da directora, colocándose por ringleiras (1 para cada autobús) no patio cuberto principal e sairán ordenadamente cando a directora llos entregue á monitora do 1º autobús; e así sucesivamente.
  • A continuación, sairá o alumnado non transportado. As persoas autorizadas recollerán ao alumnado, nas zonas de saída do comedor (alumnado de 4º-5º de E.I. polo seu patio cuberto, alumnado de 6º de E.I. e 1º-2º de E.P. pola porta principal e alumnado de 3º-4º-5º-6º de E.P. polo portalón do patio). Só se permitirá ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria marchar só para casa, se os pais/titores legais entregaron no colexio dita autorización.
  • A custodia do alumnado de comedor remata ás 15:05 horas.
  • Se unha nena ou un neno, está tomando medicamentos, deberá organizar o horario de tomas para que non coincida co comedor.
  • Se un neno/a ten que seguir unha dieta durante uns días, debe quedar na casa durante ese tempo.

 

 

Distribuir contido