try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

1º Ed. Primaria

Recomendacións de traballo na casa (1º curso)

 

 RECOMENDACIÓNS

- Ler todos os días.Calquera libro da súa idade pode ser interesante.Facer un pequeno ditado (4 ou 5 liñas)e unhas preguntas de comprensión do texto lido, que deberán responder cunha oración.

- Repasar as tarefas con fichas semellantes ás que levan de deberes semanais.

- Darlle un repaso aos libros do primeiro trimestre, sobre todo ao vocabulario de lingua galega.

- Practicar a numeración ata 90, contando de un en un,de dous en dous, de dez en dez, ...en series ascendentes e descendentes.

- Practicar a suma e a resta con números de dúas cifras, senlevadas.

- Practicar a suma cunha levadacon números de dúas cifras.

- Resolver problemas sinxelos de suma e resta.

- Páxinas web recomendadas:

    - www.testeando.es

    - www.mundoprimaria.com

    - www.rinconmaestro.es

    - Generador de operaciones matemáticas

 

FICHAS PARA FACER

MARZO:

 16 (1)      16 (2)      16 (3)      17      18 (1)      18 (2)       19  

 23        24        25         26        27        30         31

  ABRIL:

- Día 1       - Día 2          - Día 3       - Plástica para vacacións

 

 

  • APP PUPITRE: É unha aplicación deseñada para nenos de entre 3 e 8 anos, para traballar dixitalmente diferentes contidos de lingua, mate, inglés, naturais… A aplicación está en aberto e nestes momentos é gratuíta. Só teñen que descargarlla das tendas oficiais de Ipad ( Apple Store) ou de Android (Google Play). Só está dispoñible para estas plataformas.

  IPAD:

 https://apps.apple.com/es/app/pupitre/id576344561

 Ou directamente no App Store. Buscar “Pupitre”

 

 TABLET ANDROID:

  https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre

 Ou directamente no App Store. Buscar “Pupitre”

 

 

 

 

 

 

 

 

Almorzos saudábeis

 O pasado 19 e 29 de xaneiro tivemos unha  actividade sobre os almorzos saudábeis  impartida  polos alumnos e alumnas do  obradoiro  de emprego  do concello de Vilagarcía.

 Aprendimos a importancia de almorzar ben  e,  sobre todo, de comer moita froita e non  abusar  da  bollería e os doces.

 Aquí van algunhas fotos da actividade............

 

 

 

 

 

 

Visita do pintor Paz Antón

 Nos primeiros días de decembro nos visitou o pintor  Paz Antón e explicounos o seu xeito de facer un  cadro.  

 Neste caso ensinounos como debuxar e pintar a Illa  de  Cortegada.

 Estas son as fotos desta actividade:

(picar na imaxe)

 

 

Saída a actividade do ciclo do pan

 A principios de novembro participamos nunha  actividade sobre a elaboración de masa para  facer  pan a partir das mazorcas de millo.

 En casa de Martín, a súa nai tiña todo  preparado  para debulla-lo millo, moelo, amasar, e finalmente  fritir para facer unhas boliñas de masa de pan de  millo que comemos sen deixar frangullas.

 Aquí van algunas fotos da actividade ........

(Picar na imaxe)

 

 

Samaín 2016

Como anos anteriores celebramos no colexio a festa do Samaín adornando a clase, disfrazándonos e comendo osos de santo. Eí van algunas fotos desta actividade nas aulas de 1º nivel:

 

 

Horto escolar (Curso 2015/16)

 

Chegou a primavera, e os alumnos e    alumnas de 1º saímos plantar leitugas no horto do noso colexio.

 

  - Se queredes botar unha ollada ao traballo        realizado, picar na seguinte imaxe............

 

 

Fotos 1º horto escolar 

 

 

 

Distribuir contido