try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Pedagoxía Terapéutica

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia: 17 de maio

Neste día, dende a aula de PT, conmemoramos cunha exposición da bandeira LGTBI, cómics, viñetas,... a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS).

O Día Internacional do Pobo Xitano celebrouse o 8 de abril.

 

O obxectivo deste día foi o de comemorar a cultura e a historia do pobo xitano, loitando para o seu recoñecemento e contra a discriminación sentida por esa comunidade.

Nese día realizáronse actividades organizadas polo concello de Vilagarcía, no que participou alumnado do noso centro.

Pola nosa parte, dende a aula de AL e de PT, tamén traballamos esta temática e divulgamos información no panel do Departamento de Orientación.

Día Internacional do autismo: 2 de abril

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, como cada ano, o movemento asociativo puxo en marcha, en coordinación con Autismo Europa, unha campaña para visibilizar a realidade e necesidades as persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias. Este ano, o lema elixido foi “I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”, co que se pretendeu fomentar unha sociedade máis inclusiva para o colectivo promovendo ao mesmo tempo un achegamento ao autismo desde unha mirada diferente. O noso centro educativo sumouse á campaña do movemento asociativo do autismo e amosou a súa solidariedade co colectivo, co reto de reproducir o símbolo de infinito.

SAN VALENTÍN

SAN VALENTÍN

O 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín enviando cartas de cariño e admiración ás nosas amizades.

Foi un día moi fermoso!

Divertíndonos co nadal!

 Divertíndonos co nadal!

 

A tradición de adornar a árbore de Nadal empezou en Alemaña ou Escandinavia aló polos séculos XVI e XVII.

Nós fixemos os nosos que adornan a nosa aula!

APRENDENDO LINGUA DE SIGNOS (LSE)

APRENDENDO LINGUA DE SIGNOS (LSE)

 

Aprender LSE e comunicarte con persoas xordas, pode abrirche a un mundo novo que moi poucos coñecen!

 

http://www.fundacioncnse.org/educa/bancolse/

http://www.sematos.eu/lse.html

 

Tras a Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordocegas; a LSE é considerada como un idioma máis como o son o francés ou o inglés.

ABRAZANDO A DIVERSIDADE

ABRAZANDO A DIVERSIDADE

 

A nosa intervención educativa contempla a diversidade do alumnado adaptando a práctica educativa ás características persoais, necesidades e intereses dos nenos e as nenas, para a cal se establecen procedementos que permiten identificar aquelas características que poidan ter incidencia na evolución escolar do alumnado. Por iso dende a aula de PT dispoñemos de recursos para educar no respecto á diversidade, sexa do índole que sexa.

IGUALDADE

  •  Asesoría de Igualdade dispón dunha canle de comunicación (dentro do Portal Educativo) a través da cal se traslada a información relativa ao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e da diversidade afectiva e sexual. 

 

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

 

 

PANXOLIÑA BRANCO NADAL

A panxoliña adaptada ao galego -dende o EDLG do noso centro conxuntamente co DO-, vai dirixida principalmente ao alumnado con TEA e DI, así como para calquera que se queira unir a cantar!


Estará tamén dispoñible na web da SXPL (www.lingua.gal), como recurso de Nadal proposto polo noso centro.

 

Boas festas :)

Distribuir contido