Novas

RELACIÓN DE LIBRO DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2018/2019

LEMBRASE ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ED.INFANTIL (3 ANOS) E 5º ED.INFANTIL (4 ANOS) NON DEBEN MERCAR OS LIBROS ATA O MES DE SETEMBRO POIS PODEN SUFRIR VARIACIÓNS.

REUNION ALUMNADO NOVO 3 ANOS

REUNIÓN COS PAIS-NAIS DOS NOVOS ALUMNOS DE

3 ANOS DO CURSO 2018-2019

 

 

MÉRCORES 27 DE XUÑO ÁS 11:00h

(no edificio da alameda do CEIP RIBADAVIA)

VACACIÓNS DE VERÁN 2018

 

O VINDEIRO XOVES 21 DE XUÑO DESPEDIREMOS O CURSO CON DIVERSOS XOGOS AO LONGO DA MAÑÁ E UNS PINCHOS PARA AS FAMILIAS ÁS 13:30 HORAS NO COMEDOR DO CENTRO.

LEMBRAMOS QUE O PERÍODO DE VACACIÓNS IRÁ DENDE O VENRES 22 DE XUÑO ATA O VINDEIRO MÉRCORES 12 DE SETEMBRO QUE SE REANUDARÁN AS CLASES

 

Ribadavia, a 19 de xuño de 2018.

 O director, Víctor Vicente Fernández Bello.

Devolución libros de texto 17-18

 


 

Don Víctor Vicente Fernández Bello, director do CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ourense), COMUNICO:

  • Que entre o martes 19 e xoves 21 de xuño DEBEN ENTREGARSE NA PROPIA AULA DO ALUMNADO TODOS OS LIBROS DE PRÉSTAMO. SE NON OS ENTREGAN NON TERÁN DEREITO A  AXUDA DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO.

NOTA: Se algunha familia ten libros propios e os quere donar pode entregarllos á titora.

  •    Os pinchos do vindeiro xoves para as familias terán lugar no comedor do centro ás 13:30 horas

 

Ribadavia, a 19 de xuño de 2018.

 

O director, Víctor Vicente Fernández Bello.

 

POSTOS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2018-2019

 

 

POSTOS DIPOÑIBLES PARA O CURSO 2018-2019

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

3 ANOS

50 (6 PARA NEAE)

4 ANOS

27

5 ANOS

25

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

PRIMEIRO

19

SEGUNDO

22

TERCEIRO

8

CUARTO

16

QUINTO

15

SEXTO

9

 

Ourense, 28 de febreiro de 2018.

O director,

 

 

Asdo.: Víctor Vicente Fernández Bello.

 

 

 

INSTRUCIÓNS SAÍDA DO ALUMNADO

A finais do curso pasado, a Consellería de Educación enviou aos centros educativos instrucións relativas á saída do alumnado, sinalando que todo o alumando deberá ser recollido por persoa autorizada, coa excepción do alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o de educación secundaria, onde os pais, nais ou titores poderán permitir que vaian sós, eximindo á Consellería e ao Centro de calquera responsabilidade sobre accidente ou lesión deste alumnado fóra do Centro. 

No caso de que permitan ao alumnado referido ir só (alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o de educación secundaria), estes poderán tamén levar aos posibles irmáns ou irmás de Infantil  e/ou 1º ,2º,3º,4º de Primaria.

Dende o centro recibirán información e deberán cubrir a autorización correspondente.

A Dirección

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS  DE EDUCACIÓN INFANTIL

DÍA: VINDEIRO LUNS DÍA  18 DE MAIO

HORA:15:15 HORAS

LUGAR: EDIFICIO ALAMEDA

 

 

 

 

 

INFORMAMOS QUE O VINDEIRO LUNS DÍA  18 DE MAIO ÁS 15.15 HORAS TERÁ LUGAR NA ALAMEDA A REUNIÓN COAS FAMILIAS DE TÓDOLOS CURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL E.S.O

                        FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL SECUNDARIA

           

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO DE ESO (TRASLADADO A IES “O RIBEIRO”

 

 

ALUMNADO de 1º, 2º, 3º e 4º ESO recollerán libros e material (de ser o caso) no IES O RIBEIRO ( MES DE SETEMBRO):

 Todo o alumnado que SOLICITOU a axuda de FONDO LIBROS no CPI “Tomás de Lemos” aparece neste listado.

  Deberán agardar a SETEMBRO para que lle PRESTEN OS LIBROS e lle dean a axuda de  MATERIAL (a aqueles que figuren como que lle prestan 6 libros) no IES “O RIBEIRO”

 

 

Distribuir contido

Calendario

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa