Taboleiro

RELACIÓN DE LIBRO DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2018/2019

LEMBRASE ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ED.INFANTIL (3 ANOS) E 5º ED.INFANTIL (4 ANOS) NON DEBEN MERCAR OS LIBROS ATA O MES DE SETEMBRO POIS PODEN SUFRIR VARIACIÓNS.

Devolución libros de texto 17-18

 


 

Don Víctor Vicente Fernández Bello, director do CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ourense), COMUNICO:

  • Que entre o martes 19 e xoves 21 de xuño DEBEN ENTREGARSE NA PROPIA AULA DO ALUMNADO TODOS OS LIBROS DE PRÉSTAMO. SE NON OS ENTREGAN NON TERÁN DEREITO A  AXUDA DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO.

NOTA: Se algunha familia ten libros propios e os quere donar pode entregarllos á titora.

  •    Os pinchos do vindeiro xoves para as familias terán lugar no comedor do centro ás 13:30 horas

 

Ribadavia, a 19 de xuño de 2018.

 

O director, Víctor Vicente Fernández Bello.

 

INSTRUCIÓNS SAÍDA DO ALUMNADO

A finais do curso pasado, a Consellería de Educación enviou aos centros educativos instrucións relativas á saída do alumnado, sinalando que todo o alumando deberá ser recollido por persoa autorizada, coa excepción do alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o de educación secundaria, onde os pais, nais ou titores poderán permitir que vaian sós, eximindo á Consellería e ao Centro de calquera responsabilidade sobre accidente ou lesión deste alumnado fóra do Centro. 

No caso de que permitan ao alumnado referido ir só (alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o de educación secundaria), estes poderán tamén levar aos posibles irmáns ou irmás de Infantil  e/ou 1º ,2º,3º,4º de Primaria.

Dende o centro recibirán información e deberán cubrir a autorización correspondente.

A Dirección

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS  DE EDUCACIÓN INFANTIL

DÍA: VINDEIRO LUNS DÍA  18 DE MAIO

HORA:15:15 HORAS

LUGAR: EDIFICIO ALAMEDA

 

 

 

 

 

INFORMAMOS QUE O VINDEIRO LUNS DÍA  18 DE MAIO ÁS 15.15 HORAS TERÁ LUGAR NA ALAMEDA A REUNIÓN COAS FAMILIAS DE TÓDOLOS CURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL E.S.O

                        FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL SECUNDARIA

           

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO DE ESO (TRASLADADO A IES “O RIBEIRO”

 

 

ALUMNADO de 1º, 2º, 3º e 4º ESO recollerán libros e material (de ser o caso) no IES O RIBEIRO ( MES DE SETEMBRO):

 Todo o alumnado que SOLICITOU a axuda de FONDO LIBROS no CPI “Tomás de Lemos” aparece neste listado.

  Deberán agardar a SETEMBRO para que lle PRESTEN OS LIBROS e lle dean a axuda de  MATERIAL (a aqueles que figuren como que lle prestan 6 libros) no IES “O RIBEIRO”

 

 

FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL

                        FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL EDUCACIÓN PRIMARIA

           

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

ALUMNADO DE 1º e 2º de Educación Primaria:Non aparecen neste listado xa que a eles lle dan un VALE para mercar os libros.

Pasarán os pais/nais do 17 ao 28 de xullo a recoller o VALE, en horario de 9 a 14:00h. Agás o alumnado que foi chamado por teléfono e está excluído por superar a renda.

 

ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º:

A entrega de libros farase en setembro cando comecen o curso, daránselle ao alumnado na súa clase 

MATERIAL: TODO O ALUMNADO QUE FIGURE NO LISTADO CON 6 LIBROS TEN DEREITO AO MATERIAL.

Pasarán do 17 ao 28 de xullo a recoller o VALE de MATERIAL, en horario de 9 a 14:00h. 

NOTA: PAIS/NAIS  QUE NON POIDA RECOLLER O “VALE” EN XULLO

Aquelas persoas que NON poidan recoller o VALE en xullo PODERÁN RECOLLELO EN SETEMBRO.

REUNIÓN COS PAIS-NAIS DO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CURSO 2017-2018

 

REUNIÓN COS PAIS-NAIS DO

 

NOVO ALUMNADO DE

 

3 ANOS DO CURSO 2017-2018

 

 

MÉRCORES 28 DE

 

XUÑO ÁS 10:00h

 

(no edificio da Alameda do CPI Tomás de Lemos)

Distribuir contido

Calendario

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa