blogue deceip.riadevigo

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS 4 E. INFANTIL CURSO 2019/2020

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Publicouse no DOG o pasado 20 de maio:

- axudas para material escolar (alumnos de 1º a 6º de educación primaria, ESO, educación especial)

- axudas para a adquisición de libros de texto (alumnos de 1º e 2º de educación primaria)

- e o fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º a 6º de educación primaria, ESO e educación especial)

 

Información importante: 

1. O prazo para presentar solicitudes comezou o 21 de maio e remata o día 21 de xuño de 2019 (incluído).

2. Os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado serán os encargados de facer a solicitude. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Si se fai por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Si se fai deste xeito (en papel) cubrirase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no noso centro para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. O alumnado que vai promocionar á ESO deberá entregala no centro no que vai continuar os seus estudos. 

 

Documentación que hai que achegar: poden consultala descargando o ficheiro adxunto, na Orde ou na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Distribuir contido