blogue deceip.riadevigo

OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro das actividades ofertadas cada curso dende o Concello de Vigo desde o centro solicitaronse os Obradoiros de Coeducación. Por esta razón o pásado venres 17 tivemos no centro á Elsa impartindo para o alumnado de 6º de Ed. inf. e 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria diferentes obradoiros. Trátase dunha oferta de obradoiros que teñen a finalidade de promover a cultura da igualdade e fomentar a prevención da violencia de xénero nas nenas e nenos desde as primeiras etapas educativas.

CONTACTO ANPA



Para contactar co Anpa escribide un mail á
 

Benvidas familias ao novo curso !!

 

INSTRUCCIÓNS COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ALUMNADO: Presencialmente do 1 ao 10 de setembro  (ambos inclusive) ou mediante correo electrónico: ceip.riadevigo@edu.xunta.gal

 DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN PRESENTAR

 -   Entregarán unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante, cónxuxe (de existir) e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO, o vindeiro curso 2021-2022. A solicitude poden descargala no enlace seguinte ou recollela no centro. Tamén lle será entregada unha solicitude ao comezo de curso ao alumnado que a precise.

ANEXO II - Solicitude - Anexo II Modelo Autodeclaración 2021-22

 

 -   Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla  que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), a 31-12-2020. Deberán sumar os ingresos do pai e da nai durante o ano 2020 e o resultado dividilo entre os membros da unidade familiar (pai-nai-fillos). Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda. Para facilitar o cálculo en función da renda per cápita  da unidade familiar e do número de menores en idade  escolar deberán entrar en este enlace:

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES COLABORADORES: ata o 8 de setembro  ( INCLUSIVE)

Informamos da apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2021-2022.

- Presentarase a solicitude debidamente cuberta e asinada na Secretaría do centro. Pode remitirse vía correo electrónico unha solicitude co nome e DNI da persoa interesada.

(ANEXO III)

 - Adxuntar certificado dacordo ao seguinte:

O 29 de xullo do 2015 publicouse a Lei 26/2015, de 28 de xullo, de Modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección xurídica do menor. A nova lei establece textualmente, no seu artigo 13.5 o seguinte:

“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que
inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. A tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro
Central de delincuentes sexuais”

 

 

   
   
   

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias,


comunicamos que para o vindeiro curso 2021-2022

todo o alumnado de 3º, 4º e 6º contará con libros de texto do Fondo Solidario.

Somentes será preciso que merquen:

3º EP: Activity Book de inglés
4º EP:  Inglés (Activity Book e Diccionario)
5º EP: Diccionario inglés. Cuadernillo solución de problemas
6º EP: Inglés (Activity Book, libro de lectura de Harry Potter e diccionario)

Toda a información sobre estes libros e o seu ISBN está na web do centro.
Lembren que 5º EP estará en Edixgal polo que non é preciso mercar libros de texto.
As familias que teñan cheque para material escolar chamarémolas por teléfono para a súa recollida.

Libros de texto 2021-2022

Estimadas familias,

adxuntamos a lista dos LIBROS DE TEXTO do vindeiro curso.

Recomendamos polo momento non mercar ningún ata a resolución das axudas de fondo de Libros e material escolar.

 

 

Distribuir contido