blogue deceip.riadevigo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022 - 2023

Prazo: do 1 ao 21 de marzo



As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través do enlace:

 Admisión alumnado


Na aplicación débese seguir: Solicitudes > Admisión > Crear


Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

ENTROIDO 2022

Comeza o entroido no Ría,

menuda alegRía

 

Para troulear e gozar

haise que disfrazar.

 

Entroido no Ría

menuda romaRía !!!Guiño

 

O MECO MANDA O MECO ORDEA....

 

 

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Non diremos todo o que ofrecemos, que é MOITO!!!
 
Diremos mellor o que SOMOS!!
 
Somos unha gran familia na que cada quen importa e na que importamos todas e todos
Se queres coñecer mellor a nosa escola e a nosa famiRIA podes vir visitarnos!!
 
E entón saberás o que ofrecemos !!!
 
Queremos coñecerte!!! TEMOS MOITAS GAÑAS !!!
 
OS MARTES 8, 15 E 22 DE FEBREIRO ÁS 16.30HRS.
GRUPOS REDUCIDOS E PROTOCOLO COVID
 
INSCRÍBETE NO 886 12 01 01
ou por correo
ceip.riadevigo@edu.xunta.gal
 



 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

NOVO PROTOCOLO COVID

 

 

Estimadas familias,

para coñecemento xeral deixamos enlace ao novo protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico referido ao COVID:

 

NOVO PROTOCOLO 14 DE XANEIRO 2022

 

Esta e máis información coma sempre no enlace:

https://coronavirus.sergas.gal/

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN ( IES CORUXO)

SÓ PARA ALUMNADO QUE ACTUALMENTE CURSA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Estimadas familias,

damos conta da apertura do prazo para a reserva de praza no noso centro de adscrición o IES de CORUXO para o vindeiro curso 2022/2023. Unicamente é para o alumnado que actualmente cursa 6º de Educación Primaria no noso centro.

PRAZO: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Toda a info no seguinte enlace :

ADMISIÓN ALUMNADO

 

Distribuir contido