blogue deceip.riadevigo

DÍA DO PIXAMA. AO COLE EN PIXAMA

Estimadas familias,

desde ASEAF (asociación estatal de acollemento familiar) integrada por distintas asociacións coma MANAIA (asociación galega de adopción e acollemento) convídannos a participar na actividade "Ao cole en pixama". Unha actividade solidaria, lúdica e educativa protagonizada polos nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a crecer en familia". Realizase cada ano o 20 de novembro, coincidindo coa aprobación dda convención Internacional dos Dereitos do Neno. Este ano o acto principal nos colexios celebrarase o venres 19. Para esto  o alumnado acudirá ese día ao colexio en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar as bases dunha infancia feliz.

Seguro que será unha actividade enriquecedora para todo o alumnado, familias e profesorado do Ría !!!

Lembraremos a actividade uns días antes de realizarse!



Xunta Electoral Consello Escolar

Estimadas familias,

achegamos información sobre a constitución da xunta electoral para a celebración de eleccións ao consello Escolar

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

alegRÍA no RÍA

Despois de moito tempo de loita o noso querido guerreiro Yoel venceu ao maldito villanus ,e por fin,  quitaronlle o reservorio, que é por onde lle aplicaban a medicación. Así que, ao día seguinte de quitarlle ese aparato no cole quixemos darlle unha benvida especial ao noso campeón!!! Aquí deixamos un video con ese recibimento e as tarxetas de felicitación que fixeron os compis de clase!!

PARABÉNS YOEL E FAMILIA POR ESTA VICTORIA!!

ESTAMOS CON MOITA alegRÍA no RÍA !!!!!

 

ENLACE DIRECTO AO VIDEO

 

 

Xornada nautica

Grazas ao Club Marítimo  de Canido, e especialmente ao seu presidente o Sr. Ojea, hai uns días alumnado da aula de 3º EP puideron desfrutar dunha mañá nautica emocionante e chea de aprendizaxes. Agradecemos ao Marítimo de Canido esta xornada e agardamos poder seguir con esta colaboración para que todo o alumnado desfrute desta xenial experiencia.

 

 

Actividade proposta polo alumnado de 6º EP

Estimadas familias,

co fin de facilitar a lectura desta interesante actividade proposta polo alumnado de 6º, quedará colgada uns días na web do centro. Grazas!!

 

ACTIVIDADE

Distribuir contido