Skip to Content

E-DIXGAL

INFORMACIÓN E-DIXGAL

Máis información:

E-Dixgal: Educación Dixital

Folleto E-Dixgal 2021-2022

(A esta información tamén se accede escaneando o código QR pegado nos portátiles)

OPINIÓNS SOBRE E-DIXGAL

   Xa levamos dous meses con  E-DIXGAL. É un programa moi útil porque agora hai que saber usar ordenadores si ou si. Facemos actividades interactivas e outras na libreta.

   O funcionamento é raro pero impresionounos. Non é moi normal estar toda a túa vida con libros, e de repente, estar estudando cuns ordenadores! A maioría dos pais e nais xa saben como son pero para os que non o saben son de cor vermella cuns lapis táctiles, e pódense converter en  ''modo tablet''. Encántannos. Grazas Xunta!!!!

    É moi divertido e hai que ter moitísima responsabilidade xa que se o rompes tes que pagalo! Os nosos libros témolos no portátil e cando temos un problema os profesores axúdannos. Permítenos ver os estudos desde outro punto de vista e anímanos a estudar e traballar máis.

   En resumen, aínda que só levamos dous meses a nosa experiencia é bastante boa (aínda que o eva offline non vai moi ben, polo menos nalgún caso).

Premer na seguinte imaxe para ver as fotos na galería:

 

David L., David R., Xavier, Saúl, Icía, Nerea

                                                                5ºB

INICIAMOS E-DIXGAL

 

Os alumnos/as de 5º estrearon os portátiles que lles foron cedidos dentro do proxecto E-DIXGAL. Despois dunha primeira semana de familiarización co equipo e coa plataforma de contidos EVA ... empezaron a usar os libros dixitais e a acceder a recursos incluídos polo profesorado.

 

(Galería: E-Dixgal 5°)

Distribuir contido


by Dr. Radut