Skip to Content

MENSAXE DA ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos desexar a tódalas familias un bo ano lectivo e animarvos a colaborar activamente a través desta organización. Cantos máis sexamos, máis poderemos facer por mellorar o noso centro escolar.

Durante este curso trataremos de continuar co labor iniciado o anterior, levando a cabo diferentes actividades e, sobre todo, estar aí para axudar ás familias en calquera problema ou dúbida que poida xurdir.

O noso horario de atención é os xoves de 9.00 a 9.45. Este ano trasladámonos ao local da ANPA que está na rúa Cedeira nº 8, para evitar a entrada de pais e nais ao centro. De todos modos, poñémonos á vosa disposición fóra dese horario segundo as vosas necesidades. Podedes seguir a nosas novas a través do Facebook (ANPA Recimil) e comunicarvos connosco mediante o correo electrónico anparecimil@gmail.com.

Por último, lembramos que a cota de socio mantense en 12 € por familia ao ano, podedes facer o pago en efectivo os xoves de 9:10 a 9:45 h no local que está na rúa Cedeira nº 8, ou facer unha transferencia ou ingreso en conta, neste caso achegarase xustificante bancario co nome do socio/a.

 

Esperamos o voso apoio e colaboración.



page | by Dr. Radut