Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Construímos?

Radio Escolar

Radio Municipal de Tui en Directo | Escuchar Online - myTuner Radio

Os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria participaron no programa de Radio de Tui compartindo os nosos proxectos escolares e a súa recomendación lectora para todos os oíntes. Queredes escoitalos? Premede nos arquivos e veredes o talento dos estudantes de Randufe.

 

Como conseguir as entradas do cinema na biblioteca

Ola! Lembrádesvos de min? Son Teo, e se queredes saber como ver a película que temos preparada para este Nadal, seguide as instrucións que aparecen no seguinte vídeo. Vémonos!


 

PONTE A CONSTRUIR!

Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego e, como xa vos contamos, adicamoslle unha pequena homenaxe aos enxeñeiros construíndo unhas pontes fantásticas. 

Moitas grazas grazas a todas as familias que colaboraron na creación de marabillosos proxectos. Foi divertido, non si?

Admirade as creacións... Canto talento en Randufe!

 

Día da Ciencia en Galego 2020. PONTE A CONSTRUIR

Estimadas familias;

No mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego e, nesta ocasión, queremos facer a nosa pequena homenaxe  aos enxeñeiros. En conexión co proxecto de centro, os nosos alumn@s van aprender sobre as pontes, esas construcións que unen vilas, persoas, culturas, etc. SON BEN INTERESANTES!

BOTÁDELLE UN OLLO A ESTES MATERIAIS E ANIMÁDEVOS A CONSTRUR!

 

 

 

 

Inauguración da exposición de arquitectura

Achegámosvos algunhas fotos das visitas á exposición que da comezo ao proxecto que imos traballar ao longo do curso: Construímos?, relacionado coa arquitectura.

 

   
   
   
   
   
 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS DE ARQUITECTURA

Aquí vos deixamos algúns dos libros que temos na Chiscobiblioteca relacionados co Proxecto que estamos empezando a traballar no centro. Iremos incorporando máis, así que estade atentas e atentos! Pinchade na imaxe para velos.

 

Exposición do comezo do noso Proxecto Documental Integrado (PDI)

O vindeiro mércores será a inauguración da exposición do proxecto que imos traballar ao longo de todo o curso. Titúlase "Construímos?, e trata sobre a arquitectura (interrelacionándoa con todas as materias), e sobre a mellora dos espazos educativos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut