O Lambecazolas

LAMBECAZOLAS POLO SAMAÍN

O Samaín rematou pero o outono aínda está a chamar ás nosas portas. Non deixedes de enviar receitas e fotos dos grandes manxares que facedes cos vosos nenos e nenas nesta época. (Na foto vedes a Leo de infantil que fixo biscoito e tortiñas de cabaza). Aproveitade os froitos do outono para seguir mandando máis recetas. Estamos agardando por elas. E se queredes ver algunha das que foron chegando premede na imaxe e xa veredes cantos manxares preparamos...

Brais de 5º de infantil "Torta de cabaciña"

Este Samaín quedamos convencidos que desta fornada vai saír algún ou algunha reposteira ou cociñeira. Ollade que tarde tan divertida pasou Brais facendo un "Biscoito de Cabaciña"... E que rico lle sabe!!

 

 

Daniela de 3º de Primaria e Florentino de 4º de infantil fan "Pasteliños de cabaza"

Os nenos e nenas deste cole traballan moito durante o Samaín. Hoxe Daniela e Florentino preséntannos a súas receitas de "Pasteliños de cabaza" que teñen unha pintaza... Xa nos contou un paxariño que algúns nenos e nenas de 3º os probaron e estaban riquísimos!!

 

María Fe de 4º "Torta de Cabaza"

María Fe de 4º traballou moito onte á tarde para recomendarnos unha "Torta de Cabaza" para este Samaín. Non deixeles de imitala. Ten unha pintaza estupenda!!

Mariña 3º "Crema de Cabaza"

Mariña de 3º aproveitou unha noitiña de chuvia e tormenta para preparar unha cremiña de cabaza que ten unha pintaza. Ademais aínda garda algunha pequena sorpresa para a sobremesa.

Henar de 2º "Biscoito de cabaza e noces"

Hoxe é Henar quen fixo un Biscoito de cabaza e noces que de seguro estaba boísimo!!

 

Antía de 5º e Paula de 6º de infantil presentan "Tortiñas de Cabaza"

Facer postres de cabaza é super divertido. Antía e a súa irmá Paulan fixeron "Tortiñas de cabaza". Se xa o pasaban ben cando empezaron non vos perdades o ben que o pasaron cando remataron comendo esas riquísimas tortiñas...

 

José de 1º Biscoito de Cabaza

José de 1º moi serio e responsable fai coa súa nai un riquísimo Biscoito de Cabaza. Que pintaza ten!!

Carmen de 2º de Primaria e Elena de 5º de infantil "Galletas oscuritas"

Carmen de 2º de primaria e Elena de 5º de infantil propoñen a realización dunhas "Galletas oscuritas". Se queredes saber como son non deixedes de ollar o vídeo, e se as facedes traede a proba....

Sabela de 2º "Flan de Cabaza"

Gústavos o flan? Sabela de 2º invítanos a facer un Flan de cabaza. Xa sabedes que se o flan está ben feito ten que tremer tanto coma nós en Samaín.

Powered by Drupal - Design by artinet