Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

BO NADAL!!!

 

 Desde o CEIP de Quiroga queremos desexar un Bo Nadal e unhas Felices Festas a toda a Comunidade Educativa e animandoos a que asistan ao Festival de Nadal 2010 que terá lugar o mércores 22 de decembro ás 11:00 horas no Auditorio Municipal.

Os nenos e nenas que van comer a casa sairán as 13 horas e os que comen no comedor sairan as 14 horas, non habendo clases pola tarde.

Recordar tamén que as clases non comezarán novamente ata o luns 10 de xaneiro, no seu horario habitual, ás 10 da mañá.

Ata aquela pasen unhas boas festas e BO NADAL!!!!!!!!!!

MURAIS DO NADAL

 

 Para ver as imaxes dos murais e tarxetas/postais relativas ao Nadal 2010 preme nesta imaxe

 

O ECO DO COLE

 

 Recorden, o luns 20 e o xoves 23 ás 17:30 horas poderan escoitar o noso programa de radio "O eco do cole" na emisora da Radio Municipal de Quiroga (FM- 107.3). Esperemos que lles guste.

Para escoitar este primeiro programa de radio debes descargalo desde Mediafire premendo no seguinte enlace:

O ECO DO COLE - 1º TRIMESTRE - CEIP DE QUIROGA

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL - TELECENTRO DA CASA DA CULTURA

 

 Un ano máis o alumnado de Educación Infantil e os mestres e mestras desta etapa poidemos asistir a unha videoconferencia con Papa Noel (Videoconferencia Quiroga - Laponia). Papa Noel preguntoulle ós nenos e nenas o seu nome, como se comportaran neste ano e que agasallos querían para Nadal e os nenos e nenas contastáronlle un a un dicindolle as súas peticións. Para ver as fotos deste evento preme no seguinte icono:

 

1ª EMISIÓN DO PROGRAMA DE RADIO - O ECO DO COLE

 

 

BO NADAL!!!

Desde o CEIP de Quiroga queremos desexar a toda a Comunidade Educativa que pasen unhas moi felices festas xunto a súa familia. Bo Nadal!!! 
...
...
Tal vez o mellor agasallo de Nadal sexa un gran sorriso
...
E recordade: O Festival de Nadal 2010 será no Auditorio Municipal o vindeiro mércores 22 de decembro. Esperamos a vosa asistencia a este evento.
FELICES FESTAS!!!!

CONSTITUCIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR:

 

 O Consello Escolar queda formado polos seguintes integrantes:

 

Cargo Nome e apelidos Data de renovación
Presidente: Dª Ana Mª Núñez García 2011
X.  de estudios Mª José Rodríguez Blanco 2011
Repres. Concello: D. José Manuel García Mondelo  
Repres. profesorado: D Óscar González Figueiras 2014
Dª Ana Isabel Santiso Gómez 2014
Dª Matilde Bao Macía 2014 
 D. José R. Pol García  2012
 D Vicente Rodríguez Díaz  2012
Repres. Pais/nais  Dª Katia Elena Barrios López 2012
Dª Yolanda Suárez Lago 2014
Dª Maribel Díaz González 2012
Dª Mª Luisa Castro Núñez 2014
 Dª Marina Gacía Rodríguez  2014
Repres. Adm../servizos D. Jorge Vázquez Rodríguez 2014
Secretario D. Fco Javier Gómez Freire 2011

  A constitución deste novo Consello Escolar terá lugar o venres 3 de decembro de 2010 ás 16:30 horas no CEIP de Quiroga.

 

A AVENTURA ESTÁ NO MAR

 

 O martes 16 de novembro de 2010 no noso colexio tivemos unha actividade moi pedagóxica e divertida: os alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron nas actividades da campaña da Xunta de Galicia "O sabor da aventura está no mar".

 A través dun divertido relato coñeceron distintos peixes e formas orixinais e atractivas de preparalos:

- Hamburguesa de sardiña.

- Lasaña de xurelo.

- Pizza de lirio.

- Paella de rodaballo.

- Fideuá de mexilóns.

- Albóndegas de pescada.

- Croquetas de troita.

 Despois, no comedor, poidemos degustar un destes pratos: "Fideuá de mexilóns".

 Esta campaña consiste en poder degustar no comedor escolar, ata as vacacións de Nadal, sete pratos preparados a base de peixe, como primeiro ou segundo prato.

 As datas previstas son: 16, 24, 25 e 29 de novembro e 9, 13 e 16 de decembro. Polo tanto, neses días o menú mensual poderá sufrir algunha modificación.

 No CEIP de Quiroga estamos concienciados da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, por iso, nos parece moi interesante a participación do noso alumnado neste tipo de actividades.

Para ver as fotos deste evento no noso centro preme nesta imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut