Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

MAGOSTO 2011 NO CEIP DE QUIROGA:

Este pasado xoves 10 de novembro celebramos o magosto no noso centro con diferentes actos que a continuación se detallan:

- Pola mañá realizáronse distintos obradoiros:

. Educación Infatil: obradoiro de xogos con castañas, de contos (con distintos disfraces), de plástica (elaborando un fermoso mural con ceras e pintura de dedos) e de actividades interactivas. (podes xogar desde a casa)

Primeiro ciclo EP: obradoiro de confección de cucuruchos de botellas de plástico con goma eva e confección de distintos elementos propios do magosto e do outono.

 . Segundo ciclo EP: obradoiro de confeción de bolsas e cucuruchos onde gardar as castañas e obradoiros de plástica e outras manualidades.

. Terceiro ciclo EP: confección dun enorme mural con diversas mandalas, confección de cucuruchos e xogos no ximnasio do centro.

PARA VER AS FOTOS PREME NA SEGUINTE IMAXE:

 

- Pola tarde tivo lugar unha exquisita degustación de castañas acompañadas con refrescos e auga.

VER VIDEO

Tamén tivo lugar un disputadísimo partido de fútbol entre profes e alumnado de 6º, que poderedes ver no seguinte video:

PARTIDO: PROFES 3 - 2 ALUMNADO 6º EP

"O eco do cole" seleccionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística seleccionou os dous programas de radio de "O eco do cole" elaborados polo EDLG no curso pasado, para difundilos na súa páxina web e noutros foros, entre todas as actividades elaboradas polos centros desta provincia. Desta selección só 4 actividades son as elexidas e uha delas será o noso programa "O eco do cole". Parabéns a todos e todas os/as participantes que como xa sabedes foron a meirande parte dos/as alumnos/as do centro en colaboración dos seus titores e titoras, así como as aportacións dos mestres de música, Educación Física e o encargado das TIC.

VIDEOCONFERENCIA: SABES POR QUE O 2011 É O ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES?

O venres 4 de novembro terá lugar no CEIP de Quiroga unha videoconferencia coa Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Consistirá nunha conferencia dada por Mª Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural e profesora de Botánica da Facultade de Bioloxía da USC.

A videoconferencia  transmitirá un  pequeno relatorio sobre  os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus  beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan; contribuíndo á erradicación da pobreza e o logro dos obxectivos de desenvolvemento, acordados internacionalmente, incluídos nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.

Lugar: Biblioteca escolar do CEIP de Quiroga.

Horario: de 10:30h a 11:30h

Cursos implicados: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Seguimos a traballar por proxectos...

En Educación Infantil neste curso 2011 - 2012 seguimos a traballar por proxectos, adicando ao 1º trimestre o proxecto titulado "O outono".

Ademais de todo o traballo en fichas, libros e demais material bibliográfico tamén fixemos outras moitas actividades en colaboración coas familias do noso alumnado. A continuación podedes ver algúns dos traballos feitos ata o momento:

 - Proxecto do 1º trimestre: O OUTONO:

       - Ensalada de noces

       - Un esquío en Infantil

       - Biscoito de noces

       - Libro "O outono"

Fotos do Samaín 2011:

Desde o EDLG queremos agradecer a todo o alumnado e as súas familias a súa partcicipación na decoración de cabazas para conmemorar o Samaín no noso centro. Moitas grazas a todos/as!!! Quedaron fermosísimas!!!


Podémolas ver no seguinte enlace:


Samaín 2011:

 

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos conmemorar o Samaín no noso centro dun xeito lúdico e educativo ao mesmo tempo, favorecendo a participación dos diferentes membros da Comunidade Educativa.

 

Animámosvos a que participedes connosco e cos vosos fillos e fillas,  e podedes facelo do seguinte xeito:

baleirando cabazas e decorándoas con formas e con atavíos diversos.

 Unha vez que as teñades preparadas podedes traelas ao colexio a partires  do luns, día 24 de outubro, xa que esa será a semana na que fagamos a exposición das  cabazas.

Ánimo! E que gocedes desta experiencia cos vosos fillos e fillas.

 

Elaboramos unha ensalada con noces:

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estaban na Asemblea diaria falando de produtos de outono e a Elena ocurriuselle que se podía elaborar unha "ensalada de froitos do outono": leituga, tomate e noces. Polo tanto, dirixímonos ata a cociña e, coa axuda do cociñeiro Jorge, elaboramos unha ensalada que estaba boísima. Se premes aquí poderás ver o ben que o pasamos. ESTABA BOÍIIIIISIMA!!!


 

Canción do Samaín 2011 - CEIP de Quiroga

Distribuir contido


by Dr. Radut