Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

XA SE PODE ESCOITAR O ECO DO COLE 2012:

Se non puideches escoitar o "Eco do cole" na Radio Municipal de Quiroga non te preocupes, tes a posibilidade de escoitalo e descargalo no teu equipo para cando o queiras escoitar. So necesitas premer no seguinte icono e listo. Esperamos que vos guste.


Duración do programa de radio: 43 minutos.


CHARLA SOBRE AS DROGAS E A VIOLENCIA DE XÉNERO:

Neste curso 2011 - 2012 solicitouse ao III Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar dúas charlas impartidas por membros da Garda Civil que tiñan como temática as drogas e a Violencia de xénero.


Esta actividade foi dirixida ao terceiro ciclo de Educación Primaria, é dicir, a 5º e 6º de Educación Primaria.


DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA - 21 E 22 DE MARZO

O pasado xoves 22 de marzo celebramos no noso centro o Día da árbore.


Ás 11 da mañá contouse nas aulas de educación primaria o conto "Dona Pinga e don Carballo fan amizade" e despois realizáronse actividades sobre o mesmo.


Inventáronse varios nomes para o carballo por aula para elexilo a posteriori nun sorteo.


 Ás 12 da mañá plantamos un carballo ao que lle puxemos de nome, despois do sorteo, "Manzanillas".


Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:


ECO DO COLE - SEGUNDO TRIMESTRE

Abalar: Titorial de acceso aos servizos de espazoAbalar por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT

Abalar: Titorial de acceso aos servizos de espazoAbalar por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT



Preséntase a todos os usuarios, os vídeos explicativos para acceder aos servizos que ofrece o espazoAbalar (espazo Familias, espazo Profesorado e espazo Centros) por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT.

 

Nestes vídeos, amósanse de forma sinxela os requirimentos e os pasos a dar para acceder a este apartado empregando o DNIe ou o Certificado Dixital da FNMT.

 

No vídeo titorial de acceso por medio do DNIe, veremos:

 



  • O material e o software necesario. 

  • O procedemento para acceder ao portal.

  • E un apartado de preguntas frecuentes sobre o acceso por medio do DNIe.

 

Por outra banda, no vídeo titorial de acceso por medio do Certificado Dixital da FNMT, amosarase:

 


  • O proceso de solicitude e instalación do Certificado Dixital.

  • A realización dunha copia de seguridade do Certificado.

  • A importación do Certificado aos navegadores de Internet Explorer e Mozilla Firefox.

  • E o procedemento para acceder ao portal por medio desta vía.

 



CAMPAÑA SOBRE O CONSUMO DE PEIXE:

Un ano máis desenvólvese no noso centro a campaña "O sabor da aventura está no mar". Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o consumo de peixe fresco nos escolares dos centros de ensino público. Esta iniciativa comprende dúas liñas de acción: unha representación teatral e a degustación de diferentes pratos de peixe e marisco. No noso centro comemos filetes de pescada fresca.


O pasado venres, 16 de marzo, os alumnos puideron asistir a unha pequena representación teatral na que se lles transmitiu coñecementos sobre o mundo do peixe e o marisco recalcando a importancia da presencia destes produtos na súa alimentación. Se queredes podes ir á galería de imaxes para ver algunhas fotografías.







Hai dispoñibles diferentes unidades didácticas para os tres ciclos de primaria.


1º ciclo


2º ciclo


3º ciclo

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemorouse no noso centro o Día Internacional da Muller realizando un mural con fotos de mulleres significativas para o noso alumnado que podedes ver máis abaixo.


Desde o CIM (Centro de Información á muller) do Concello de Quiroga tivemos a gran ocasión de contar con Marisa e con Lucía, quenes nos contaron un conto a cada ciclo con temática relacionada coa coeducación e a igualdade entre homes e mulleres. Verdadeiramente estupendos!!!


Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:


 


Distribuir contido


by Dr. Radut