Abalar: Titorial de acceso aos servizos de espazoAbalar por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT
Abalar: Titorial de acceso aos servizos de espazoAbalar por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT
Preséntase a todos os usuarios, os vídeos explicativos para acceder aos servizos que ofrece o espazoAbalar (espazo Familias, espazo Profesorado e espazo Centros) por medio do DNIe ou do Certificado Dixital da FNMT.
Nestes vídeos, amósanse de forma sinxela os requirimentos e os pasos a dar para acceder a este apartado empregando o DNIe ou o Certificado Dixital da FNMT.
No vídeo titorial de acceso por medio do DNIe, veremos:
- O material e o software necesario.
- O procedemento para acceder ao portal.
- E un apartado de preguntas frecuentes sobre o acceso por medio do DNIe.
Por outra banda, no vídeo titorial de acceso por medio do Certificado Dixital da FNMT, amosarase:
- O proceso de solicitude e instalación do Certificado Dixital.
- A realización dunha copia de seguridade do Certificado.
- A importación do Certificado aos navegadores de Internet Explorer e Mozilla Firefox.
- E o procedemento para acceder ao portal por medio desta vía.